Mostrando entradas con la etiqueta Editoriais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Editoriais. Mostrar todas las entradas

4 feb 2011

16 nov 2010

Contos en galego para iPad e iPhone

O Foro Internacional dos Contidos Dixitais que se celebra en Madrid, FICOD, vai dar acubillo á presentación de innovación galega de primeira liña. Entre outras propostas, cómpre salientar unha iniciativa que, alén do seu valor tecnolóxico, abre novos vieiros para a o noso xeito de achegármonos á cultura. Falamos de ContoPlanet, un proxecto xurdido da colaboración entre Editorial Galaxia e as empresas galegas Perro Verde Films e Milrayas (esta última achegando o alicerce tecnolóxico). Máis polo miúdo, presentaranse en FICOD, este mércores ás 18.45 horas, os primeiros cinco contos en galego preparados para seren descargados como aplicación para iPad e iPhone.
Isto permitirá que calquera usuario de Apple Store poida habilitar as pezas animadas no seu trebello móbil, con posibilidade de personalización e nas seguintes linguas: galego, castelán e inglés. Os contos en cuestión son: Puag, que noxo! e Un can no piso!, de Fina Casalderrey (ilustrados por Xan López Domínguez e Kristina Sabaite), Quen son?, de Alicia Borrás (con ilustracións de Andrés Meixide), Voces na lagoa do espantallo!, de Xan López Domínguez e Conto para non comer, de Oli (tamén ilustrado por Andrés Meixide).
Por certo que nun primeiro instante e durante un tempo habilitado para a promoción, Puag, que noxo! poderá descargarse de balde. “O usuario”, sinalan as empresas responsables da innovadora proposta, “vai acceder a unha experiencia interactiva que lle permitirá ler os contos, escoitar as locucións (feitas por profesionais do mundo da dobraxe galega) en tres linguas, ou gravar as súas propias para personalizar absolutamente o conto; deste xeito, cada libro é unha experiencia persoal, con zonas táctiles, efectos de son e animacións”.
Unha vez que o usuario acceda á librería de ContoPlanet na tenda de Apple, atopará as cubertas de cinco libros da colección Árbore de Galaxia para escoller cal quere descargar.
Fonte: Código Cero

31 jul 2010

Para seguir lendo...

Lectura

Un personaxe do escritor fantástico H.P. Lovecraft emprende a busca dunha cidade con cuxas cúpulas douradas no sol da tarde soñara tantas veces. Perdido entre os sarillos dos rueiros pode, por fin -grazas ao auxilio dunha chave máxica de prata-, acceder a ela. Cando o logra, descobre que non é outra que a súa propia cidade natal: manifestada ou revelada baixo unha nova luz.

Si: a cidade onírica estaba dentro da súa cidade real (podemos extrapolarnos nós agora) como o coñecemento está dentro da información: agachado, poeirento, agardando a chave máxica.

E xa é hora de revelar o noso segredo: a chave máxica do coñecemento é a lectura. Será necesario repetilo, porque estamos subxugados pola magnitude e as virtudes dos novos prodixios tecnolóxicos, e ao tempo deberemos volver a aprender as potencialidades e as marabillas de algo que consideramos trivial, só porque o posuímos xa, e porque nos acompaña desde hai moitísimo tempo.

A lectura é a capacidade dos humanos alfabetizados para extraer a información textual. (Existe tamén a "lectura das imaxes" da que teremos que falar igualmente...) E é hora de avanzar a tese central destas páxinas: a lectura é a chave do coñecemento na sociedade da información.

J. A. Millán

da páxina da Asociación Galega de Editores