Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galicia. Mostrar todas las entradas

2 abr 2011

Achegarte 2011

Unha feira/festa da cultura que se celebra en Palexco durante o sábado, 2 e o domingo, 3
Mentres escoitas a presentación da Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo,

podes acceder á información ou descargala en PDF
Actualización (3-4-11) Galería de GaliciaHoxe.com
Actualización (4-4-11) Galería de Xornal.com

12 sept 2010

Unha imaxe

Poderías situala?
Para comprobar se atinaches ou non preme no enlace
http://101lugaresincreibles.com/2010/09/10-paisajes-que-parecen-de-fantasia-en-espana.html

4 sept 2010

Duplícase a demanda de galego entre os Erasmus

A demanda de alumnos Erasmus para estudar galego no curso que imparte este ano académico a Universidade da Coruña (UDC) duplica a oferta de prazas, segundo informa o reitorado coruñés nun comunicado.
En concreto, case 40 alumnos Erasmus que estudan este curso nalgunha das tres universidades galegas comezaron as súas clases de galego na Facultade de Filoloxía do campus coruñés.
En principio, a UDC tiña previsto crear un só grupo de estudantes, "pero a alta demanda por parte dos estranxeiros provocou que se desdobraran as aulas para facilitar a aprendizaxe do galego por parte do alumnado", sinala a UDC.
Os alumnos, procedentes de Polonia, Italia, Francia, Hungría, Grecia, Turquía, Finlandia ou Alemaña, estudarán o galego nun curso intensivo de 6 horas diarias durante 15 días.
Esta iniciativa, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística e a Oficina de Relacións Internacionais, está dirixida aos alumnos Erasmus que están no sistema universitario galego durante o primeiro cuadrimestre e está previsto que se repita en xaneiro con estudantes dunha segunda quenda.
 

Fonte da noticia A Nosa Terra

25 jul 2010

Para seguir lendo... 25 de xullo

"A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que
carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia
" (Castelao).


Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.

No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.

15 nov 2009

O artista da cabeceira


Óscar Villán é o autor da ilustración da cabeceira; podes ver información sobre as campañas de fomento da lectura, ler un poema dadaísta ou consultar a súa páxina,