Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castelao. Mostrar todas las entradas

30 ene 2011

Castelao 125º aniversario

           Se a primeiros deste mes recordabamos o 61 cabodano da morte de Castelao, agora recordámolo de novo porque tal día coma hoxe, 30 de xaneiro de 1886, nacía en Rianxo Daniel Castelao (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao). Desde Caladoiro, a falta dun presente adecuado,  queremos propor tres actividades que serán como tres agasallos ao "Irmán Daniel":
       
       O primeiro será unha visita virtual ao  Museo Castelao, á espera de poder visitar algún día a Colección Castelao no Museo de Pontevedra. Pontevedra é a cidade que el elixira para vivir e tamén como lugar de  enterramento;  os gobernos (ditadura nun caso, democracia noutro) non llo permitiron.
Museo

           O segundo é un recordo para  José María Cao Luaces, outro galego que emigrou  a Arxentina o mesmo ano 1986;  Castelao afirmaba que descubrira o valor da caricatura grazas a Cao. Cao é considerado o pai da caricatura arxentina; autor clave de publicacións de crítica política como  Caras y Caretas e Fray Mocho. Luís Seoane escribiu a biografía de Cao Luaces, destacando o seu papel tamén na plástica galega.

         
           O terceiro é unha  aproximación a Nicolau d'Olwer;  un  intelectual e político catalán que tamén foi deputado como Castelao, pero ademais tiña un parecido físico de forma que outros membros da cámara confundíanos. Castelao e d'Olwer ás  veces fomentaban o despiste  intercambiando o lugar nos escanos.




***
Algo máis
Para agasallar:

A Facultade de Medicina da USC acolleu un acto homenaxe co gallo do 125 aniversario do nacemento de Castelao (Xornal)

25 jul 2010

Para seguir lendo... 25 de xullo

"A nosa galeguidade provén da forteza do espírito, e aínda que
carecemos de vontade ofensiva somos inexpugnables na resistencia
" (Castelao).


Símbolo da cultura e do país galego, Sempre en Galiza representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.

No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de Sempre en Galiza. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.