O primeiro será unha visita virtual ao Museo Castelao, á espera de poder visitar algún día a Colección Castelao no Museo de Pontevedra. Pontevedra é a cidade que el elixira para vivir e tamén como lugar de enterramento; os gobernos (ditadura nun caso, democracia noutro) non llo permitiron.
Museo |
O segundo é un recordo para José María Cao Luaces, outro galego que emigrou a Arxentina o mesmo ano 1986; Castelao afirmaba que descubrira o valor da caricatura grazas a Cao. Cao é considerado o pai da caricatura arxentina; autor clave de publicacións de crítica política como Caras y Caretas e Fray Mocho. Luís Seoane escribiu a biografía de Cao Luaces, destacando o seu papel tamén na plástica galega.
O terceiro é unha aproximación a Nicolau d'Olwer; un intelectual e político catalán que tamén foi deputado como Castelao, pero ademais tiña un parecido físico de forma que outros membros da cámara confundíanos. Castelao e d'Olwer ás veces fomentaban o despiste intercambiando o lugar nos escanos.
***
Algo máis
Para agasallar:
A Facultade de Medicina da USC acolleu un acto homenaxe co gallo do 125 aniversario do nacemento de Castelao (Xornal)
No hay comentarios:
Publicar un comentario