Mostrando entradas con la etiqueta Fomento da lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fomento da lectura. Mostrar todas las entradas

6 jun 2012

Os Fillos da Terra


O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller prehistórica pertencente a especie Cro-Magnon que, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Os Fillos da Terra transmite os valores universais que só unha obra mestra da literatura pode materializar e, a través dela, Jean M. Auel transpórtanos aos albores da humanidade para mostrarnos que, despois de miles de anos de historia, seguimos sendo humanos e continuamos a enfrontarnos ao noso reto máis esencial: vivir a vida que nos leva.


Así presenta  Punto G  Edicións o primeiro dos libros da saga. Se visitas a páxina, podes descargar os 2 primeiros capítulos


31 may 2011

O club de lectura acaba... nunha festa!





Como remate das reunións do Club de lectura Caladoiro faremos unha pequena festa para o martes, 7 de xuño ao mediodía. Esperemos que non falte ninguén e recordade que pais e nais están convidados a compartir con nós a sobremesa. Non esquezades levar a carta-convite.

11 may 2011

Semana cultural (3)

Hoxe toca

 MARATÓN DE LECTURA

unha actividade  na que participamos todos  e que xa  é tradicional neste centro. Sempre hai actuacións admirables; actualizaremos a entrada nos próximos días; prometido

dálle un clic
e agora outro clic
 

7 mar 2011

Club de Lectura Entrecomics

vía Fancómic de Sira o 3/03/11


Clube de lectura de EntrecomicsO portal sobre o mundo do cómic Entrecomics acaba de inaugurar o seu Club de lectura en liña. Trátase dun foro onde poder compartir comentarios sobre os cómics propostos. Farán especial fincapé nas novidades, pero serán os usuarios da web os que vaian suxerindo as próximas lecturas. De partida, comezan cos seguintes títulos, propostos polos propios moderadores de Entrecomics:
  • Hágase el caos vol. 1 LUX, de Cava e Seguí
  • Los tiburones de Rangiroa, de Pedro Pérez Valient
  • Consumido, de Joe Matt
  • 3, Calle de los Misterios, de Shigeru Mizuki

22 feb 2011

Ciencia ficción en castelán

imaxe
Nunha entrada anterior había algunhas recomendacións para ler ciencia ficción ou ficción científica en lingua galega; agora vai unha guía, en castelán, de 100 obras imprescindibles
Consulta a Cifipedia, hai de todo.

8 feb 2011

Proposta de lectura global

Lectura Global YouTube obra literaria galega

Lectura Global  en YouTube  dunha obra literaria galega

É unha proposta de GalegoLab para conmemorar, por exemplo. os 50 anos de publicación de Memorias dun neno labrego (Bs.As. 1961)

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido a calquera que lle guste a lectura e queira participar.

Duración: até completar a obra, a poder ser dentro do ano en curso.

Colaboracións interesantes: Participación do autor (de escollermos unha cuxo autor viva), RAG, persoas famosas, institutos, lectorados de galego nas universidades estranxeiras...
 
Quen se apunta?

 

6 feb 2011

Ciencia ficción en galego

Aproveitando que a Biblioteca temos un trimestre dedicado á ciencia ficción, velaí algunhas suxestións:
Para empezar recuperar un libro xa recomendado neste blog, unha obra que deu lugar a unha curiosa celebración,  
Guía do autostopista galáctico 
de Douglas Adams, 2.0 Editora (2009). Tradución e notas de Ruth Layús Quiroga
A construción dunha autoestrada hiperespacial desfai o planeta Terra. Arthur Dent, un común, logra salvarse grazas á súa amizade con Ford Prefect, que resultou ser un extraterrestre con aspecto humano; ambos logran introducirse como polisóns nunha nave espacial dos temibles Vogones, malhumorados burócratas de cor verde, cunha terrible propensión á poesía máis brava, pero, cando os descobren, expúlsanos ao espazo. No espazo sobreviven ás máis estrañas aventuras como o curioso encontro cun pirata espacial moi especial. Aparecen singulares personaxes como Marvin, o androide paranoide, tan extraordinariamente intelixente como profundamente depresivo; a Trillian, a moza, único ser humano, ademais de Dent, que logrou salvarse; a unha raza de "hiperintelixentes seres pandimensionais" que adoptaban na terra forma de ratos brancos, etc.(editorial)

Pero como os gustos son moi variados, aquí temos algúns máis para escoller. Podemos elixir entre obras clásicas (Unha viaxe á lúa, A máquina do tempo), obras que están de moda ( A aurora boreal) e mesmo algunha que se desenvolve na Coruña  (Un escuro rumor tralo silencio) :

5 feb 2011

Clásicos da literatura en Edicións Xerais

Dúas novidades:A pantasma de Canterville e outros contos, de Oscar Wilde, na clásica tradución de Gustavo Luca de Tena; e A chamada da selva, de Jack London, na versión galega de Gonzalo Navaza.

Até agora, Xerais reeditou outros sete libros da colección: O escaravello de ouro e outros contos, de Edgar Allan Poe (traducido por Alberto Avendaño); O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle (traducido por Marisa Méndez Anta e Gonzalo Navaza); Venres ou a vida salvaxe, de Michel Tournier (traducido por Gustavo Luca de Tena); Viaxe ao centro da Terra e A volta ao mundo en 80 días, de Jules Verne (traducidos por Valentín Arias); Bartleby, o escribente, de Herman Melvile (traducido por Eva Díaz Rodríguez) e O bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez (traducido por Xela Arias).

No futuro novos clásicos aparecerán cun formato renovado que coidou a edición, tanto na produción como no deseño das cubertas, de Miguel Vigo, e as ilustracións de Xavi Montes.

4 feb 2011

13 nov 2010

Librotráiler

Todo é silencio de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia



Ler tamén información sobre a novela en EL PAÍS

15 sept 2010

Pasen y lean


Un vídeo da Editorial Mondadori

17 ago 2010

Para seguir lendo... Camiño de Santiago

Libros de Xerais sobre o Camiño de Santiago

1 ago 2010

12 abr 2010

"A praia dos afogados"







Hoxe, 12 de abril, unha parte do alumnado da Sardiñeira desprazarémonos aos escenarios d' A praia dos afogados. Sairemos moi cedo en dirección a Panxón para percorrer co autor, Domingo Villar, os espazos nos que se desenvolve a novela. Unha novela tamén lle gustou ao Ministro de Interior, que cada vez é traducida a máis idiomas. Nós puidemos lela en versión orixinal. Todo un privilexio!

5 abr 2010

Read

Aquí estaba a imaxe que falta http://elearningxxi.blogspot.com.es/2010/04/lectura-y-libertad.html Información da imaxe

23 feb 2010

Enlazando lecturas
















 





Libros preferidos polos lectores
(segundo o nº 6 da revista Novidades de Libros -NDL- da Asociación Galega de Editores)
Narrativa:
A praia dos afogados de Domingo Villar
Sol de inverno de Rosa Aneiros
Memorias
Memorias dun ninguén
de Carlos Mella
Cociña
A cociña dos larpeiros
de Benigno Campos
Poesía
Makinaria de
Carlos Negro Ver vídeo do IES Porto Do Son
Audiolibro
Once máis quince
Varios autores

Podes ver outra listaxe aquí

7 feb 2010

O ano literario 2009

Recordas a entrada "enlazando lecturas"? pois agora podes ver unha listaxe ampliada e algo diferente, compróbao e no perdas o pracer da boa lectura

18 ene 2010

'A praia dos afogados' en alemán


Xa está publicada en alemán e axiña o estará en italiano e inglés
A edición de 'A praia dos afogados' internacionalízase
A última novela publicada de Domingo Villar, 'A praia dos afogados' (Galaxia) leva o mesmo camiño de éxito internacional que a súa predecesora 'Ollos de auga'.

A obra acaba de ser publicada en alemán en nos vindeiros meses tamén se editará en italiano e inglés. A novela, protagonizada polo inspector Leo Caldas e ambientada en Vigo e a súa bisbarra, vén de ser publicada pola editorial alemá Union Sverlag e as prestixiosas Feltrinello (Italia) e Little & Brown (Reino Unido) editarán ambas as versións en italiano e inglés en breve.

Na actualidade, Domingo Villar atópase mergullado na escrita da terceira novela, tamén protagonizada por Leo Caldas e ambientada en Vigo e os seus arredores. A praia dos afogados, que está a punto de vender a súa terceira edición en galego, fai que Domingo Villar sexa un dos autores galegos máis lidos. De feito, a súa anterior novela Ollos de auga leva xa sete edicións en galego.