6 feb 2011

Ciencia ficción en galego

Aproveitando que a Biblioteca temos un trimestre dedicado á ciencia ficción, velaí algunhas suxestións:
Para empezar recuperar un libro xa recomendado neste blog, unha obra que deu lugar a unha curiosa celebración,  
Guía do autostopista galáctico 
de Douglas Adams, 2.0 Editora (2009). Tradución e notas de Ruth Layús Quiroga
A construción dunha autoestrada hiperespacial desfai o planeta Terra. Arthur Dent, un común, logra salvarse grazas á súa amizade con Ford Prefect, que resultou ser un extraterrestre con aspecto humano; ambos logran introducirse como polisóns nunha nave espacial dos temibles Vogones, malhumorados burócratas de cor verde, cunha terrible propensión á poesía máis brava, pero, cando os descobren, expúlsanos ao espazo. No espazo sobreviven ás máis estrañas aventuras como o curioso encontro cun pirata espacial moi especial. Aparecen singulares personaxes como Marvin, o androide paranoide, tan extraordinariamente intelixente como profundamente depresivo; a Trillian, a moza, único ser humano, ademais de Dent, que logrou salvarse; a unha raza de "hiperintelixentes seres pandimensionais" que adoptaban na terra forma de ratos brancos, etc.(editorial)

Pero como os gustos son moi variados, aquí temos algúns máis para escoller. Podemos elixir entre obras clásicas (Unha viaxe á lúa, A máquina do tempo), obras que están de moda ( A aurora boreal) e mesmo algunha que se desenvolve na Coruña  (Un escuro rumor tralo silencio) :

No hay comentarios:

Publicar un comentario