Mostrando entradas con la etiqueta segundo ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta segundo ciclo. Mostrar todas las entradas
26 may 2010
9 may 2010
estamos lendo


Relatos de J. Cortazar
"La noche boca arriba"de Final del juego(1956) e "Casa tomada" de Bestiario (1951)
Actividades :
Obxectivo: Crear un documento multimedia colectivo
Navega para localizar a información
- Biografía de J. Cortázar
- Contribución de Cortázar ao "boom" literario latinoamericano
- Cortázar. Relación con Galicia
- con autores galegos
- obra de Cortázar en Galicia
- Textos de Cortázar en liña
- Textos na voz do autor
- Vídeos sobre textos de Cortázar
15 mar 2010
estamos lendo

A perla
Steinbeck, John
Un clásico que mestura o lirismo característico de Steinbeck e a solidariedade polos desfavorecidos pola fortuna
Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura deste século. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande como un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Desde entón, o propio Kino e a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.

Guías de lectura noutras linguas:
Francés
Inglés
30 nov 2009
Estamos lendo...
Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza, Edicións Xerais de GaliciaPublicado en 1996, recibiu en 1998 o Premio Arcebispo San Clemente que ten como xurado a alumnos de instituto.
“Erros e Tánatos” componse dun conxunto de dez relatos nos que Gonzalo Navaza demostra unha gran soltura no manexo das técnicas narrativas a partir dunha prosa breve, limpa, directa, chea de sentido do humor, que sorprende ao lector coa súa capacidade para ironizar, para crear intriga e para sorprender.
“Erros e Tánatos” é un libro magnífico que, con moita claridade narrativa, atrapa ao lector coas súas boas historias, historias e acontementos que se suceden medrando e creando unha grande tensión narrativa que remata nun final sorprendente, un final que explora os territorios do Tánatos por culpa dos Erros do azar.
Partindo dunha forma clásica de narrar, Gonzalo Navaza escribiu un libro que divirte, que seduce; é o libro dun narrador eficiente que, sen lugar a dúbidas, constrúe unha obra notable.
A obra vai pola décima edición desde a súa aparición en 1996, converte a este monllo de relatos de Gonzalo Navaza nun dos clásicos da narrativa galega contemporánea (da editorial)