Mostrando entradas con la etiqueta certames. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta certames. Mostrar todas las entradas

29 oct 2010

Concurso de relatos científicos, A ciencia que conta

 Mañá,  30 de outubro,  remata o prazo.
imaxe
Por terceiro ano, os profesores do proxecto A ciencia que conta, da Universidade de Vigo, celebran o certame de contos do mesmo nome para promover dúas cousas ben complementarias: o espírito investigador entre a nosa mocidade e o emprego do galego acompañando ese espírito investigador. Trátase do Concurso de Relatos Ciencia que Conta, convocatoria literario-científica que xorde ao abeiro dun terceiro obxectivo a engadir aos devanditos: contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da investigación no noso desenvolvemento económico e na procura dun meirande benestar social.
Segundo apuntan os organizadores, para participar no concurso é preciso achegar unha peza literaria breve que poña en valor a importancia da ciencia, ben nun eido xenérico ou a través de exemplos específicos. O certame diríxese á comunidade escolar do noso país, tanto o alumnado como o profesorado, e non só a ligada ás ciencias.
A intención é achegar o espírito de desenvolvemento tecnolóxico a outros ámbitos non habituais. O prazo para o envío dos traballos remata este 30 de outubro. Segundo indica a organización, o premio para o relato máis salientable dos presentados en cada categoría consistirá nun ordenador ultraportátil.
Fonte. Código Cero

24 jun 2010

Certame Lingua de Amor

O certame Lingua de Amor xa ten gañadores
O pasado venres, 18, o xurado fixo público o resultado

Cancións de amor en lingua galega
1.º Premio: Para beber auga e viño, Pablo González Costas (Cangas)
2.º Premio: Terra de amor, Xesús Xosé Iglesias González (Salvaterra do Miño)
3.º Premio: Fala galego, Marcos Fernández Vázquez (Ourense)


Non gañamos, pero... Que ben quedamos! O son da Sar


Declaracións de amor destacadas
3.º Premio: Querer con pronome, Jessica Amado Dosil (Outes). “Cheísta de corazón, nunca sei se "che quero" ou "te quero". Eu, para asegurarme, quéroche e quérote. En tódalas variedades dialectais posibles, meu sol.” (de 14 a 19 anos)
2.º Premio: Sábesme a g(h)loria, Antonio Iglesias Mira (Arteixo). “Cuando nos bicamos tu e eu somos realmente bilingües.”(de 20 a 35 anos)