O vídeo que reclama a creación dun parque natural na serra superou as 900.000 visitas non portal YouTube (La Voz, 17 de marzo de 2009)
Cambio no goberno municipal do Courel
Mostrando entradas con la etiqueta O Courel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Courel. Mostrar todas las entradas
11 nov 2009
10 nov 2009
Nova guía de Edicións Xerais de Galicia

Guía do Courel (Novidade)
Guitián Rivera, Javier (Autor/a)
Guitián Rivera, Luís (Autor/a)

Martínez Villar, José Luís (Autor/a)
A través de 22 rutas excepcionais, con valiosísima documentación, e da man dun grupo de naturalistas expertos no Courel, o viaxeiro ou viaxeira ten a oportunidade de percorrer con comodidade e información de primeira man as paisaxes desta serra, o corazón natural de Galicia. Dando a coñecer lugares que hoxe poderían ser modelo de xestión do medio natural e descubríndolle ao viaxeiro a súa vexetación, os mellores bosques do país, as especies ameazadas e, en definitiva, a beleza e autenticidade dunha paisaxe sobre a que se fundamenta o turismo rural, Javier Guitián, Luís Guitián e José L. Martínez Villar trazan nesta guía un mapa imprescindible para quen queira adentrarse nos segredos do Courel desde o respecto ao medio ambiente. A ruta das devesas, Froxán, o Val de Moreda, a ruta de Parada (terra de Uxío Novoneyra e María Mariño), de Seoane a Folgoso, Vilamor, a Devesa da Rogueira, o Val de Visuña... son algunhas das citas que esperan polo viaxeiro ou viaxeira con ganas de pasear por rutas sobre as que se vai proporcionando información e datos prácticos que indican a dificultade, a comida, o baño, a cartografía, os hábitats, a botánica, etc. E todo acompañado de mapas, fotografías e abundante información práctica.
E seguimos: Agora fervenzas e música
Etiquetas:
Lecturas complementarias,
Novoneyra,
O Courel