Mostrando entradas con la etiqueta Séchu Sende. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Séchu Sende. Mostrar todas las entradas

25 ene 2011

Literatura galega noutras linguas

1.- A obra de Ánxel FoleÁ lus do candil  vén de ser editada en éuscaro, en tradución de Josemari Navascués Baskaran na editorial Alberdania, na súa colección de Literatura Universal.

2.-  A. Cunqueiro, de quen celebramos o centenario neste ano 2011, ten biblioteca de seu en Damasco desde o 2006, nesa biblioteca lucirá  Si o vello Simbad volvese ás illas traducido á lingua árabe.

3.-  Podedes consultar máis casos nesta información de hemeroteca.
4.- A literatura galega xa é universal, pero que o noso candidato ao Nobel fose recoñecido sería unha boa nova.

 5.- Proba de agudeza visual
Neste enlace disque di que a edición en curdo de Made in Galiza de Séchu Sende foi considerado como o mellor libro do 2010 nesa lingua.  

Seredes  quen de localizar o nome do autor galego na información en curdo?

2 jul 2010

para seguir lendo

Seguindo coas lecturas dixitais, a recomendación de hoxe empeza por unha entrada "Sociolingüística Made in Galiza", onde atoparemos recollidas as anotacións do caderno de traballo de Séchu Sende sobre este tema; boa ocasión para coñecer o seu blog.


Vén tamén a conto porque...

...o Made in Galiza curdo (Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim) vendeu 30.000 exemplares desde a súa presentación o Día das Letras Galegas (El País)

21 may 2010

Made in Galiza noutras linguas





A obra de Séchu Sende Made in Galiza, que xa fora traducida en parte ao bretóm, o checo, o croata, o ruso, o galés, o euskera, o asturiano, o catalán ou o inglés, acaba de ser publicada no Kurdistán co título: Di xewnan de jî ez ê zimanê xwe winda nekim, “Nin en soños vou perder a miña língua” (ler +)