10 nov. 2012

Caladoiro pecha

Caladoiro pecha, pero a lectura segue.
Consulta o blog da biblioteca e o sitio de LGL

O Club de lectura Caladoiro pecha unha etapa. Tal día coma hoxe, 10 de novembro, no ano 2009 iniciamos este blog con moita vontade  e con escasos medios e coñecemento. Acordamos chamarlle CALADOIRO, nome suxestivo que aludía á pesca de historias nos libros pero tamén á rede, á lectura dixital, aos enlaces de actividades culturais, ás novidades literarias: ler o mundo, en definitiva.  Á hora de escoller un nome corporativo para asinar as entradas, decidímonos por INICIAL porque nos parecía  que recollía ben a intención. A intención era empezar algo,  facilmente mellorable, coa esperanza de que outras persoas con máis habilidade lle desen o nivel adecuado. As expectativas  de relevo non se cumpriron por causas diversas e, no último curso,  o blog sobreviviu só grazas ao club de lectura en francés. Nesas circunstancias pareceunos máis apropiado pechar este sistema.

14 oct. 2012

Libros, librarías, bibliotecas


Libraría Lello e Irmão, 

Esta preciosa libraría está en Porto (Portugal), é un dos moitos atractivos turísticos que ten a cidade. 
A moitas persoas resultaralles familiar como escenario dalgunha película de Harry Potter.


22 jul. 2012

O libro das pontes invisibles

Imaxe Xerais
 A editorial británica Pighog Press (Brighton, Inglaterra) incorporou á súa lista de autores no seu sitio web ao poeta galego Xelis de Toro (Santiago de Compostela, 1962), do que vén de publicar en libro e DVD a edición bilingüe, galego e inglés, de O libro das pontes invisibles/The Book of Invisible Bridges.


+ Información 

21 jul. 2012

Dicionario da RAE no móbil

imaxe

O Dicionario da Lingua Española da RAE, desenvolvida polo Grupo Planeta, editor da obra, xa pode consultarse de balde en dispositivos móbiles a través da aplicación para iPod Touch, iPhone e iPad ou a destinada a terminais que operen con Android. A través destas aplicacións pode accederse aos mesmos contidos que actualmente están dispoñibles na páxina web da Real Academia Española, incluíndo melloras e novidades (como a consulta escalonada, por aproximación, sen caracteres internacionais, de formas complexas) e coa última actualización do dicionario (que recolle numerosas modificacións efectuadas nos últimos anos), destacándose os contidos que fosen modificados dende a 22ª edición impresa do dicionario.
Dende a RAE aseguran que a consulta do seu dicionario en liña continúa a medrar de xeito importante, rexistrando máis de 65 millóns de buscas no mes de maio.

Información de Código Cero

23 jun. 2012

Letras 2013

Roberto Vidal Bolaño será o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013
RAG
Dioivo
Galicia Confidencial
La Opinión
(continuará)