Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta autores. Mostrar todas las entradas

22 jul 2012

O libro das pontes invisibles

Imaxe Xerais
 A editorial británica Pighog Press (Brighton, Inglaterra) incorporou á súa lista de autores no seu sitio web ao poeta galego Xelis de Toro (Santiago de Compostela, 1962), do que vén de publicar en libro e DVD a edición bilingüe, galego e inglés, de O libro das pontes invisibles/The Book of Invisible Bridges.


+ Información 

24 may 2012

Recital-concerto na Biblioteca de Elviña

Estíbaliz Espinosa, a poeta que coñecemos en marzo no Festival CoruñaMayúscula, ofrécenos outra oportunidade de gozar da poesía. Neste caso cun recital- concerto.


30 abr 2012

Centenario de Campos de Castilla

1ª edición, 1912






Consulta información sobre esta obra




ANTONIO MACHADO: Presentación de edición de Campos de Castilla conmemorativa del 1er centenario de su publicación (1912-2012) (Vídeo)

16 abr 2012

On a bender (E. Blanco Amor)





A esmorga de Blanco Amor acaba de ser publicada en inglés. Preme na portada para acceder a información; non esquezas escoitar o audio do tradutor, Craig Patterson (un inglés que fala galego)

Moi recomendable tamén: 

«A verdade fala calquera lingua, galego ou inglés»

28 mar 2012

Folks From Here and There (Á. Cunqueiro)


                                                           Ficha e comentario

9 mar 2012

Ilustrísima de Carlos Casares

Unha xustificación:

Ilustrísima   de Carlos Casares (Galaxia, 1980) é unha das obras de lectura obrigatoria en 2º de Bacharelato para a 3ª avaliación. Esta obra, a parte de formar parte dos contidos teóricos da materia de LGeL, ten a favor a brevidade e a facilidade da lectura, pero ademais buscámoslle un certo paralelismo co alumnado da promoción 2010-2012, coincidente co centenario do tempo da historia que se narra en Ilustrísima (1910-1912). Serviranos  para comparar estilos xornalísticos,  para reflexionar sobre o fanatismo, os prexuízos e a manipulación dos medios de información tanto na ficción como na realidade.

Unha recomendación:

Galaxia publica en edición dixital a obra de Casares

Un blog dedicado a Carlos Casares permanecerá activo ata fin de ano

Un libro de homenaxe e un especial da Revista Grial completan as accións previstas pola editora neste décimo aniversario do pasamento do escritor.

Baixo do título DEZ ANOS CON CARLOS CASARES, Editorial Galaxia bota a andar, este venres 9 de marzo, un mollo de actividades entre os que destacan a edición en dixital da súa obra. Actívase tamén un blog no que escritores, estudosos, críticos e lectores deitarán, a través de distintos artigos, semblanzas e recomendacións, a súa visión sobre a vida e a obra do autor de Ilustrísima (ler máis)

11 abr 2011

Premios que decide o alumnado

Xoán Babarro no IES A Sardiñeira. 

Xoán Babarro, Ramón Caride, An Alfaya, Francisco Castro e Carlos Vila Sexto gañadores dos premios Frei Martín Sarmiento de 1º e 2º, e 3º e 4º de ESO, respectivamente
vía ::Axenda cultural AELG:: do 11/04/11

Entregáronse en Santiago os galardóns da VII Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, un certame que dende hai sete anos premia, cos votos dos alumnos e alumnas, as que consideran mellores obras escritas para o seu chanzo de idade. Nesta edición participaron arredor de 2400 escolares galegos que decidiron premiar as seguintes obras:
- 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria: Xoán Babarro, con A tea de araña que todo o apaña, Rodeira.
- 2ª categoría: de 3º a 4º de Educación Primaria: Ramón Caride, con Andanzas de Xan Farrapeiro, Xerais.
- 3ª categoría: de 5º e 6º de Educación Primaria: An Alfaya, con A ánfora exipcia, Tambre.
- 4ª categoría: de 1º e 2º da ESO: Francisco Castro, con Chamádeme Simbad, Galaxia.
-5ª categoría: de 3º e 4º da ESO: Carlos Vila Sexto, con As sete mortes, Galaxia.

No curso 2009-2010 o escritor Xoán Babarro agasallounos coa súa presenza neste instituto, do que foi profesor,  e tivo un emotivo encontro cos alumnos de 1º A de ESO, actualmente en 2º, que demostraron ter feito unha lectura atenta de Sempre Hausa. Con esta actividade inaugurouse a Semana Cultural.

7 mar 2011

A Fundación Pondal na rede nacional de Casas-Museo

E. Pondal (1837-1917)
O poeta  Eduardo Pondal relacionarase moi pronto con outros grandes autores da literatura , como Benito Pérez Galdós, Federico García Lorca ou Rafael Alberti. O Bardo de Bergantiños, autor da letra do himno de Galicia, será un dos 40 escritores que formará parte da Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (Acamfe), unha entidade que naceu en 1993 co obxectivo, o mesmo de hoxe en día, de promover o legado literario e cultural dos autores que aglutina.
A chegada de Pondal ao grupo dos grandes, no que tamén están outros autores galegos, como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Vicente Risco ou Manuel Curros Enríquez, foi posible grazas ao traballo e ás xestións da Fundación Eduardo Pondal, que desde o seu nacemento, en decembro do 2008, traballou intensamente para dar a coñecer a vida e obra do poeta moito máis alá das fronteiras de Ponteceso a través de iniciativas como o Simposio Pondaliano ou o roteiro Val Nativo. (artigo completo en LVG, preme no título da entrada)

28 feb 2011

Indignez vous de Stéphane Hessel, agora en galego

Stéphane Hessel  [ pronuncia: stefan esɛl] Indignez vous!

"Le motif de base de la Résistance était l'indignation. Nous, vétérans des movements de résistance et des forces combattantes de la France libre, nous appelons les jeunes générations à faire vivre, transmettre, l'héritage  de la Résistance et ses idéaux. Nous leur disons : prenez le relais, indignez-vous ! Les responsables politiques, économiques, intellectuels et l'ensemble de la société  ne doivent pas démissionner, ni se laisser impressionner par l'actuelle  dictature internationale des marchés financiers qui menace la paix et la démocratie".



Xa temos a tradución en galego 


Opinións:


En castelán será publicada por Destino e o texto de Hessel irá acompañado de El mercado y la globalización de José Luis Sampedro

 Vídeo-entrevista a S. Hessel  (subtítulos en castelán)

17 feb 2011

Web Carvalho Calero

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra e o Concello de Ferrol puxeron en marcha este sitio web para a información e reflexión sobre a vida e a obra do intelectual ferrolán Ricardo Carvalho Calero


Actualización:SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Mar 2011 (EUROPA PRESS) -

El alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, ha firmado la escritura de compraventa de la casa natal del escritor, filólogo y miembro numerario de la Real Academia Galega Ricardo Carvalho Calero, en el número 51 de la calle San Francisco, así como de dos inmuebles adyacentes.

Así, la actuación prevista comenzará con las obras correspondientes de mantenimiento, limpieza y conservación de los tres edificios que "se encuentran en un lamentable estado de deterioro", así como con el regeneramiento urbano del entorno de la Praza Vella.

En esta línea, la actuación contempla un centro de recursos y un centro cívico con biblioteca que se podría incluir en el museo dedicado al primer catedrático de Lingüística e Literatura Galega de la Universidade de Santiago de Compostela.

30 ene 2011

Castelao 125º aniversario

           Se a primeiros deste mes recordabamos o 61 cabodano da morte de Castelao, agora recordámolo de novo porque tal día coma hoxe, 30 de xaneiro de 1886, nacía en Rianxo Daniel Castelao (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao). Desde Caladoiro, a falta dun presente adecuado,  queremos propor tres actividades que serán como tres agasallos ao "Irmán Daniel":
       
       O primeiro será unha visita virtual ao  Museo Castelao, á espera de poder visitar algún día a Colección Castelao no Museo de Pontevedra. Pontevedra é a cidade que el elixira para vivir e tamén como lugar de  enterramento;  os gobernos (ditadura nun caso, democracia noutro) non llo permitiron.
Museo

           O segundo é un recordo para  José María Cao Luaces, outro galego que emigrou  a Arxentina o mesmo ano 1986;  Castelao afirmaba que descubrira o valor da caricatura grazas a Cao. Cao é considerado o pai da caricatura arxentina; autor clave de publicacións de crítica política como  Caras y Caretas e Fray Mocho. Luís Seoane escribiu a biografía de Cao Luaces, destacando o seu papel tamén na plástica galega.

         
           O terceiro é unha  aproximación a Nicolau d'Olwer;  un  intelectual e político catalán que tamén foi deputado como Castelao, pero ademais tiña un parecido físico de forma que outros membros da cámara confundíanos. Castelao e d'Olwer ás  veces fomentaban o despiste  intercambiando o lugar nos escanos.




***
Algo máis
Para agasallar:

A Facultade de Medicina da USC acolleu un acto homenaxe co gallo do 125 aniversario do nacemento de Castelao (Xornal)

28 ene 2011

Un ninguén universal

O 5 de xaneiro de 1961 publicábase en Buenos Aires o caderno de Balbino, un neno galego, da aldea e pobre "coma quen dis un ninguén". Ninguén imaxinaría daquela que  Memorias dun neno labrego chegaría a ter tantas edicións e ser traducido a 14 idiomas: chinés, inglés, ruso,...
Emociona compartir co autor, Xosé Neira Vilas, a celebración deste 50 aniversario



Presentación da Memoria das Memorias
Actualizacións: Balbino pásase ao "koruño" LVG (2 de abril 2011)

25 ene 2011

Literatura galega noutras linguas

1.- A obra de Ánxel FoleÁ lus do candil  vén de ser editada en éuscaro, en tradución de Josemari Navascués Baskaran na editorial Alberdania, na súa colección de Literatura Universal.

2.-  A. Cunqueiro, de quen celebramos o centenario neste ano 2011, ten biblioteca de seu en Damasco desde o 2006, nesa biblioteca lucirá  Si o vello Simbad volvese ás illas traducido á lingua árabe.

3.-  Podedes consultar máis casos nesta información de hemeroteca.
4.- A literatura galega xa é universal, pero que o noso candidato ao Nobel fose recoñecido sería unha boa nova.

 5.- Proba de agudeza visual
Neste enlace disque di que a edición en curdo de Made in Galiza de Séchu Sende foi considerado como o mellor libro do 2010 nesa lingua.  

Seredes  quen de localizar o nome do autor galego na información en curdo?

24 ene 2011

Macarróns de narices

«Macarrón de narices», de Xoán Babarro, novidade do mes de Xaneiro


Entre as novidades que publica Xerais este mes de xaneiro está Macarróns de narices, de Xoán Babarro González, un álbum publicado na colección Merlín e ilustrado por Marcos Calo Bermúdez.
No reino de Narices hai un enorme pazo con vidreiras de cebola, paredes de pedra de azucre, tellados de cenoria e xardíns de pirixel. No pazo de Narices hai moito tempo naceu un príncipe moi chorón e moi mal comellón, que acababa coa paciencia do máis pintado. O día que fixo os sete anos organizouse unha festa na que lle fixeron sete potas de comida e abrindo a tapadeira dunha delas berrou: ¡Macarrón con tomate! ¡Que ninguén mo arrebate!
De 7 anos en diante.

Actualización: ver ANT  (curiosidade: reproduce a foto do autor no xardín da Sardiñeira)

21 ene 2011

Os nosos autores

Onte pola noite, na Librería Arenas  da Coruña, presentouse  a novela A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña, de Santiago Jaureguizar, . No acto participaron  Manuel Santiago Arenas Roca, Manuel Bragado e o propio autor.
Jaureguízar é un dos autores estrela do noso Club de Lectura, como recordaredes se revisades estas entradas en CALADOIRO

Por outra parte,  Domingo Villar adiantaba, nunha entrevista, algo da súa próxima novela:
"A novela comeza en Tirán, en Moaña, coa desaparición dunha muller, e vai cara a Vigo. Vai ter protagonismo a Escola de Artes e Oficios, que é unha xoia un pouco oculta da cidade e é un escenario ideal".  Como a novela sairá nos últimos meses do 2011, é unha boa idea para un agasallo; e despois da lectura un bo motivo para organizar un percorrido literario como o do ano pasado (ver blog).
Como extra aquí vos queda  un mapaun beixo.







26 nov 2010

Falecemento de Fernández del Riego

Imaxe de La Opinión

Francisco Fernández del Riego (1913-2010), un intelectual galego, formado no espírito da Xeración Nós, participou nas grandes empresas culturais do século XX: Seminario de Estudos Galegos (1923),  Editorial Galaxia (1950), Revista Grial (1963),... A pesar das represalias polo seu compromiso con Galicia, foi un dos principais impulsores da rexeneración cultural da posguerra. Polo seu labor como ensaísta e narrador foi merecente de ingreso na RAG en 1960, institución que presidiu entre 1997 e 2001. As súas memorias Camiño andado foron publicadas no 2003.

16 nov 2010