Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

7 may 2012

Emisión da TVG sobre Paz Andrade

A obra de Valentín Paz-Andrade, o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, vai ser emitida pola televisión pública do país a partir do vindeiro luns, a través dunhas pezas audiovisuais elaboradas dos seus poemas máis significativos.
Trátase dun total de 6 pezas breves e máis unha versión máis ampla na que se inclúe todo o conxunto, que foron elaboradas a partir dos versos do autor e que teñen como obxectivo dar a coñecer entre a cidadanía a súa produción poética.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asegurou que dende a entidade que preside comparten a idea de incorporar estas pílulas poéticas, de breve duración, “para que a proposta cultural non se produza só en formatos para públicos específicos xa interesados na produción literaria, senón para convertela nunha proposta que chegue ao conxunto da poboación nas formas televisivas de consumo habitual, case en formato de anuncio”, insistiu.
Os poemas audiovisuais sobre os versos de Paz-Andrade, que foron realizados por Algarabía Animación, enmárcanse no programa de actividades co que a Xunta de Galicia contribúe coa conmemoración do Día das Letras Galegas 2012 e que pode consultarse na súa web oficial.

3 may 2012

Un agasallo para o mundo (proposta)

Unha proposta interesante para o 17 de maio

3 dic 2010

Ano Novoneyra

Uxío Novo Rey entrevistado na Biblioteca

Coa visita de Uxío Novo Rey á Sardiñeira e a posterior entrevista, finalizan os actos de 

homenaxe

a

Uxío Novoneyra

Autor homenaxeado (Día das Letras Galegas 2010).

Texto e imaxe de Caladoiro durante este ano

DO COUREL A COMPOSTELA

Só tein os nosos nomes no censo,
Que astra a nosa suor sin alento se perde na terra.

GALIZA, ¿será a miña xeración quen te salve?
¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?
¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútile!

(Uxío Novoneyra, Os eidos)

 

Acceso á páxina web oficial:
Acceso ás entradas deste blog:
 http://cliessar.blogspot.com/search/label/Novoneyra

6 sept 2010

Imaxes curso 09-10

Seguimos experimentando con ferramentas de imaxe. Agora presentamos WIQET. A Música é de Roi Casal. As imaxes proceden das actividades de Celebración das Letras Galegas 2010; algunhas están nunha presentación semellante en Slide
Cal vos gusta máis?


26 jul 2010

Para seguir lendo... Web Lois Pereiro



Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958- A Coruña, 1996). Autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.

Acceso

12 may 2010