A obra de Valentín Paz-Andrade,
o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas, vai ser emitida pola
televisión pública do país a partir do vindeiro luns, a través dunhas pezas
audiovisuais elaboradas dos seus poemas máis significativos.
Trátase dun total de 6
pezas breves e máis unha versión máis ampla na que se inclúe todo o conxunto, que
foron elaboradas a partir dos versos do autor e que teñen como obxectivo dar a
coñecer entre a cidadanía a súa produción poética.
O secretario xeral de
Cultura, Anxo Lorenzo, asegurou que dende a entidade que preside comparten a
idea de incorporar estas pílulas poéticas, de breve duración, “para que a proposta cultural non se produza
só en formatos para públicos específicos xa interesados na produción literaria,
senón para convertela nunha proposta que chegue ao conxunto da poboación nas
formas televisivas de consumo habitual, case en formato de anuncio”, insistiu.
Os poemas audiovisuais sobre
os versos de Paz-Andrade, que foron realizados por Algarabía Animación,
enmárcanse no programa de actividades co que a Xunta de Galicia contribúe coa conmemoración
do Día das Letras Galegas 2012 e que pode consultarse na súa web oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario