Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ciencia. Mostrar todas las entradas
16 feb 2011
Mr. Darwin. Museos Científicos Coruñeses
Na Casa das Ciencias da Coruña houbo unha interesante exposición no 2009 para celebrar o 150 aniversario da publicación d' A orixe das especies. Agora temos unha exposición virtual en O asombro de Mr. Darwin.
2 nov 2010
1 nov 2010
Día da Ciencia en Galego (Cafés-Teatro Científicos)
| Álbum de Casto Rivadulla |
A ciencia, como cada ano por estas datas, esténdese cara a onde normalmente nunca chega, a non ser a través de propostas específicas de cada quen. Un exemplo ben claro desta divulgación con estensións é a iniciativa do grupo de investigación Neurocom da Universidade da Coruña para levar a ciencia a diversos establecementos hostaleiros do noso país. As novas achegas dos Café Teatro Científicos, así se fan chamar, desenvolveranse ao longo dos vindeiros días en Santiago baixo o epígrafe xenérico Que pasaría se xuntasemos nun bar a... A idea da proposta, que vén da man de Xurxo Mariño e Casto Rivadulla (Neurocom), é achegar dúas disciplinas en principio tan afastadas como a artística e a científica, e todo a través da participación nestes encontros de actores e físicos, neurofisiólogos, matemáticos, biólogos ou ecólogos.
Fontes da información:
Código Cero
Radiofusión
Relacionado Discurshow
Etiquetas:
Ciencia,
Día da Ciencia en Galego,
Xurxo Mariño
29 oct 2010
Concurso de relatos científicos, A ciencia que conta
Mañá, 30 de outubro, remata o prazo.
Por terceiro ano, os profesores do proxecto A ciencia que conta, da Universidade de Vigo, celebran o certame de contos do mesmo nome para promover dúas cousas ben complementarias: o espírito investigador entre a nosa mocidade e o emprego do galego acompañando ese espírito investigador. Trátase do Concurso de Relatos Ciencia que Conta, convocatoria literario-científica que xorde ao abeiro dun terceiro obxectivo a engadir aos devanditos: contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da investigación no noso desenvolvemento económico e na procura dun meirande benestar social.
Segundo apuntan os organizadores, para participar no concurso é preciso achegar unha peza literaria breve que poña en valor a importancia da ciencia, ben nun eido xenérico ou a través de exemplos específicos. O certame diríxese á comunidade escolar do noso país, tanto o alumnado como o profesorado, e non só a ligada ás ciencias.
A intención é achegar o espírito de desenvolvemento tecnolóxico a outros ámbitos non habituais. O prazo para o envío dos traballos remata este 30 de outubro. Segundo indica a organización, o premio para o relato máis salientable dos presentados en cada categoría consistirá nun ordenador ultraportátil.
Fonte. Código Cero
![]() |
| imaxe |

certames,
Ciencia,
Día da Ciencia en Galego
23 oct 2010
Ciencia e cinema na Coruña
A celebración do Día da Ciencia en Galego, o día 4 de novembro, vén cadrando entre a Mostra de Ciencia e Cinema e a Semana da Ciencia que se celebra en novembro. A Mostra Organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AAAC) proxecta 17 películas chegadas de todo o mundo dentro da sección oficial, todas elas coa ciencia como nexo en común.
Xornal.com
Código Cero
Xornal.com
Código Cero
Etiquetas:
Ciencia,
cine,
Día da Ciencia en Galego
21 oct 2010
A ciencia no punto de mira
A ciencia no punto de mira
O Día da Ciencia en Galego, que se celebra o día 4 de novembro, contará cunha obra divulgativa máis
29 ago 2010
28 ago 2010
Para seguir lendo... ciencia (II)
Po de estrelas
(novas receitas científicas)
de Xurxo Mariño
Descarga a segunda recompilación de artigos de Xurxo Mariño, agora ilustrados por Santy Gutiérrez, con infografía de Manuela Mariño e publicados en formato libro pola Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega
Descarga

Lecturas dixitais,
Xurxo Mariño
27 ago 2010
Para seguir lendo... ciencia(I)
Título: Os dados do reloxeiro (ciencia amena para mentes inquietas)
Escritor/a:
Xurxo Mariño Alfonso
Ilustrador:
O Carrabouxo
Ed. Consello da Cultura Galega,
Ano: 2005
Xénero: Ensaio e Investigación
Coleccion: Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
Pax: 160
Escritor/a:
Xurxo Mariño Alfonso
Ilustrador:
O Carrabouxo
Ed. Consello da Cultura Galega,
Ano: 2005
Xénero: Ensaio e Investigación
Coleccion: Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade
Pax: 160
unha obra que podes ler na rede
acceso á descarga
Etiquetas:
Ciencia,
Lecturas dixitais,
Xurxo Mariño