Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Rivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Rivas. Mostrar todas las entradas

13 nov 2010

Librotráiler

Todo é silencio de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia



Ler tamén información sobre a novela en EL PAÍS

13 oct 2010

3 sept 2010

Manuel Rivas e Quico Cadaval en Bos Aires

Manuel Rivas e Quico Cadaval na Feira Internacional de Literatura de Bos Aires

Manuel Rivas e o actor e director teatral Quico Cadaval serán os grandes representantes galegos na segunda edición do Festival Internacional de Literatura de Bos Aires, que reúne até o próximo domingo na capital arxentina destacados autores chegados de todo o mundo.
Quico Cadaval será o primeiro deles en intervir o sábado coa súa actuación Fantasmas Familiares. Con este espectáculo, Cadaval levará até as rúas de Bos Aires unha peza oral artellada ao redor dos relatos populares sobre fantasmas. O actor e director teatral afonda na épica que procede da tradición tabernaria. O resultado que amosa o actor en Fantasmas familiares é un tecido narrativo onde se dan a man a cultural popular, os contos tradicionais e o singular sentido do humor e da narrativa de Cadaval. Na súa intervención aparecerán personaxes tan diversos como son os mariñeiros vingativos, os raptores de menores, os mecánicos supersticiosos ou os cándidos borrachos.
Pola súa banda, Manuel Rivas participará nunha mesa redonda con outros autores para disertar sobre a importancia da trama no argumento das obras literarias. Baixo o título La trama es lo que cuenta, Rivas amosará o seu punto de vista de como se planifica a arquitectura dunha obra literaria.
AELG,  desde o Xornal de Galicia.

7 jul 2010

Para seguir lendo... teatro


O heroe de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia
Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona. Todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos Homes de sombra e coa chegada agardada de Lanzarote, o loitador antifranquista e vendedor de máquinas de escribir que recita fermosos poemas de amor. Caronte arrastra o culto á pena de Marte, a forza daqueles que gabeando a ras de chan tentan non perder o temón da súa vida, demostrando que a resistencia contra a morte e o tirano aparece nos lugares máis imprevistos, sendo protagonizada polos seres que viven nas abas da vida defendéndose coas verdades gardadas nos ósos das palabras. O heroe, a primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro. Esa falsa idea do valor que paira de novo sobre o noso tempo. (Presentación editorial)

26 ene 2010

"Teod ar balafenned" (A lingua das bolboretas) en bretón

Le prix de la meilleure traduction littéraire est décerné à Mark Kerrain, pour la traduction de «Lalangue des papillons», de Manuel Rivas (traduit du galicien).

L
a cérémonie des Prizioù de France 3 Bretagne a été enregistrée samedi après-midi, au Dôme de Saint-Avé (56). La cérémonie était animée par Goulwena An Henaff et Erik Gudenkauf, et retransmise hier matin sur France 3 Ouest. Le prix de la meilleure traduction littéraire est décerné à Mark Kerrain, pour la traduction de «Lalangue des papillons», de Manuel Rivas (traduit du galicien). Celui du meilleur CD qui donne une place significative au breton à Dom Duff, pour son album [E-UNAN]. La série KenTuch', de Goulwena An Henaff et Étienne Strubel, reçoit le prix de la meilleure création audiovisuelle en télé ou sur le web. Le prix de la meilleure initiative pour les enfants brittophones est attribué aux camps de vacances de l'Ubapar. Le grand prix Le brittophone de l'année récompense une personne ou une association qui a marqué l'année 2009 en développant le rayonnement de la langue: il est remis à LenaLouarn, présidente de l'Office de la langue bretonne, pour les dix ans de la structure. Les lauréats ont reçu un trophée conçu et imaginé par les ateliers Breizh Bronze Création, de Guilliers (56).

12 dic 2009

Rivas, académico

Cunha flor de toxo na man, O'Rivas debullou o seu discurso "A boca da literatura", co que pasa oficialmente a formar parte da Real Academia Galega.
"Non é por gloria, nin por riqueza, nin por honores polo que nós loitamos, senón pola liberdade"

10 dic 2009

Manuel Rivas ingresa na Real Academia Galega


O xornalista e escritor Manuel Rivas Barrós ingresará este sábado na Real Academia Galega, nun acto que está previsto que se celebre ás doce da mañá, no Paraninfo da Universidade da Coruña.
Rivas lerá un discurso de ingreso titulado 'A boca da literatura (Memoria, ecoloxía e lingua)', que será contestado en nome da RAG polo académico numerario don Xosé Luís Axeitos Agrelo. Desta forma, pasará a ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento do académico numerario tras o falecemento do académico numerario Camilo Gonzalez Suárez-Llanos.
Manuel Rivas Barrós, natural do barrio coruñés de Montealto, estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Diferentes xornais de Galicia contaron coa súa colaboración, é o caso de El Ideal Gallego, La Voz de Galicia ou o semanario A Nosa Terra, ademais tamén foi cofundador e director da revista cultural Luzes de Galicia.

Rivas, como literato, abarca todos o xéneros e ostenta numerosos premios. Entre as súas obras atópanse títulos como O lapis do carpinteiro ou Os libros arden mal en novela; Libro do entroido ou Mohicania en poesía; Que me queres amor ou Un millón de vacas en relato; así como O heroe no teatro. Rivas tampouco se esqueceu dos nenos coa súa obra Todo ben, bala perdida.
O último libro de Manuel Rivas, ata o momento, é Episodios galegos