Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas

1 jun 2012

A Sardiñeira = innovación

"La innovación se ha convertido en los últimos años en un factor clave para muchas empresas y emprendedores que quieren hacer frente a la crisis. Pero este concepto tampoco es ajeno en los centros enseñanza, donde se preparan los futuros profesionales. Este es el caso del IES Sardiñeira, que ha conseguido una ayuda convocada por el Ministerio de Educación para la realización de proyectos de innovación aplicada en la formación profesional. El programa consta de una inversión superior a los 60.000 euros, que se ha destinado a la compra de biorreactores para el análisis de procesos químicos y biotecnológicos". ( + información EL Ideal Gallego)
Foto:  Día da Ciencia en Galego

7 may 2012

Maratón de lectura 2012

Imaxe
Hoxe é o 
A que hora actúas?

19 mar 2012

Comunicación poética


O xoves 22 de marzo, visitaremos o Centro Ágora para asistir ao Festival CoruñaMayúscula, a festa da palabra. Esta actividade, que titulamos "comunicación poética", está incluída no Plan de mellora da competencia en comunicación lingüística que está desenvolvendo o noso centro. Teremos o privilexio de asistir aos recitais de Ángel Petisme, Estíbaliz Espinosa, Sofía Castañón e Estelle Talavera,...

12 sept 2011

Caladoiro terceira tempada

Dentro de nada CALADOIRO volverá a estar activo:
Para seguir lendo con arte, con amor, con ilusión. como nestas imaxes de Lorenzo Mattotti

8 jun 2011

Festa do Club de lectura

Non estivo mal, velaí algunhas imaxes:

31 may 2011

O club de lectura acaba... nunha festa!





Como remate das reunións do Club de lectura Caladoiro faremos unha pequena festa para o martes, 7 de xuño ao mediodía. Esperemos que non falte ninguén e recordade que pais e nais están convidados a compartir con nós a sobremesa. Non esquezades levar a carta-convite.

26 may 2011

Programa de radio (3)

O 24 de maio, en A fume de carozo de CUAC 103.4 FM, Andrea Ramos Queixas, Kimberly Pérez Mori, Daniel Lesta Alfeirán, Cristina García Gómez e Cristina Vázquez Mejuto, presentaron o programa co tema: "O grupo SARDIÑA". Podes ler un artigo sobre este 3º programa de radio na revista  Graos de Corvo
Para oír o programa completo o enlace é: http://afumedecarozo6.podomatic.com/player/web/2011-05-24T14_24_23-07_00

Se tes interese noutros programas de A fume de carozo fai CLIC  en: http://afumedecarozo6.podomatic.com/

13 may 2011

Semana cultural (4)

Concerto de Aero Soul

11 may 2011

Semana cultural (3)

Hoxe toca

 MARATÓN DE LECTURA

unha actividade  na que participamos todos  e que xa  é tradicional neste centro. Sempre hai actuacións admirables; actualizaremos a entrada nos próximos días; prometido

dálle un clic
e agora outro clic
 

10 may 2011

Semana Cultural (2)

Conferencia para alumnado de Secundaria e Bacharelato


A cargo de Mercedes Queixas, autora do libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, Ed. Laiovento, 2011

Podes acceder a máis información
  • Sobre Lois Pereiro 
  1. Visitando a páxina oficial : http://loispereiro.blogaliza.org/
  2. Premendo sobre o enlace do lateral deste mesmo blog
  3. Visitando  o blog da biblioteca do IES Concepción Arenal de Ferrol (moi recomendable)
  • Sobre Mercedes Queixas
  1. Páxina da autora na AELG 
  2. Presentación do libro na ACAB

9 may 2011

Semana Cultural (1)

Caladoiro súmase ás actividades da Semana Cultural organizadas polo equipo da Biblioteca do centro.Unha semana con conferencias, presentación de libros, exposicións, un concerto,...Moito movemento. Iremos dando conta do que pasa
A estas alturas seguro que xa sabes cal é o tema do MARATÓN DE LECTURA deste ano, pero podes comprobalo aquí:





Agora só necesitas buscar un texto adecuado e participar

28 mar 2011

Día Mundial do Teatro

Casahamlet
Celebración do Día do Teatro na Sardiñeira 
Por motivos de calendario a celebración comezará hoxe coa inauguración dunha nova exposición  na entrada  e terá como acto principal  a conferencia de Santiago Fernández, tal e como aparece no blog da Biblioteca. Santiago Fernández  e Manuel Lourenzo son os creadores de Casahamlet, compañía e escola de teatro,  que acaba de recibir o Premio Otero Pedrayo

Esta, como outras celebracións, son unha forma de salientar aspectos e intereses presentes dentro da comunidade educativa. No caso concreto do teatro destacan, por exemplo, o Obradoiro de Teatro, organizado pola ANPA, ou a asistencia á representación teatral  Le Fantôme de l' Opéra, para alumnado de francés, o próximo 8 de abril.

Hai uns días entregábanse aquí na Coruña os Premios María Casares. Entre os premios destacamos aqueles que teñen unha relación estreita coa vida cultural  do noso instituto:
  •  Mellor texto orixinal Limpeza de sangue de Roberto Salgueiro, unha obra programada para 1º de Bacharelato neste curso
  • A produción Un cranio furado, dirixida por Quico Cadaval levou, entre outros, o galardón ao mellor espectáculo. Quico Cadaval é director e actor da obra  Shakespeare para ignorantes, á que asistiu parte do alumnado neste mesmo curso.
    Imaxe
  • Mellor actor protagonista (Evaristo Calvo, na imaxe) por Un cranio furado. Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son os actores da Cociña Económica, que se representaron  para o noso centro  no Salón de Actos de Caixa Galicia,  a finais do curso pasado.

25 feb 2011

Entroido 2011 (1)

Xa nos estamos preparando para celebrar o Entroido. Na entrada do Centro  temos  en exposición:
  • programa de actividades 201.
  • paneis informativos sobre o Entroido en Galicia con cores identificativas segundo as provincias.
  • proxección de imaxes dos mellores disfraces do 2010.
E para ir facendo boca  e aprendendo, tamén na casa, aquí queda un enlace interesante: Entroido

24 feb 2011

Día de Rosalía

Hoxe o alumnado de 2º de ESO, na clase de Lingua Galega, homenaxeou a Rosalia de Castro (Santiago, 24 de febreiro de 1837- Padrón 15 de xullo de 1885). A lectura escollida foi  a composición " Miña Santiña, miña santasa" de Cantares galegos (1863) onde unha mociña, fascinada polo baile de moda, suplícalle a unha santa que lle ensine a bailar. Malia as habilidades  da rapaza "cumprimenteira", a santa  non acepta o negocio;  o diálogo das dúas é a tensión entre o pracer e o deber:

Miña Santiña,
miña Santasa,
miña cariña
de calabasa:
hei de emprestarvos
os meus pendentes,
hei de emprestarvos
o meu collar;
hei de emprestarcho,
cara bonita,
si me deprendes
a puntear.
- Costureiriña
comprimenteira,
sacha no campo,
malla na eira,
lava no río,
vai apañar
toxiños secos
antre o pinar.
Así a meniña
traballadora
os punteados
deprende hora.


(...)
Como a santa non cede á petición, a rapaza acaba moi enfadada:

- ¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
pór n'hei de porche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.

 Con algúns cambios - para as obrigas, por exemplo- calquera se pode identificar con esa situación porque as actitudes non cambian.

Pódese ler o poema completo  en http://gl.wikisource.org/wiki/Cantares_gallegos,_1-10, é o texto 5
A Asociación  de Escritores en Lingua Galega organizou, para esta  tarde, unha lectura simultánea de textos rosalianos en distintos lugares do país

Actualización: Rosalía de Castro... vive nas bibliotecas escolares galegas

9 feb 2011

A fume de carozo (2)

Aproveitando o convite do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz (PP. Escolapios) da Coruña para realizar un programa trimestral de A fume de carozo ; o alumnado dos Ciclos Formativos (Familia Química) presentou un programa monográfico para celebrar o Ano Internacional da Química.
Aquí tedes a emisión completa:

14 ene 2011

Teatro para 1º de Bacharelato

 
Limpeza de Sangue

Espello Cóncavo
Presentación da obra teatral
Unha opinión próxima sobre a obra literaria.

Reflexións do autor de  "Limpeza de sangue" na Universidade de Vigo

A linguaxe.   "o koruño"

outra crítica

21 dic 2010

Educación Vial para 1º de Bacharelato

Como en cursos anteriores o alumnado de 1º de Bacharelato pasou pola dura experiencia de achegarse ás consecuencias dos accidentes de circulación.

6 dic 2010

Luís Seoane (5)

A forma máis exquisita de homenaxear a un artista é o diálogo artístico coas súas obras (estudo, valoración, interpretación,...)tal e como está facendo o alumnado de 4º. Aquí deixamos unha mostra:





outras imaxes

3 dic 2010

Ano Novoneyra

Uxío Novo Rey entrevistado na Biblioteca

Coa visita de Uxío Novo Rey á Sardiñeira e a posterior entrevista, finalizan os actos de 

homenaxe

a

Uxío Novoneyra

Autor homenaxeado (Día das Letras Galegas 2010).

Texto e imaxe de Caladoiro durante este ano

DO COUREL A COMPOSTELA

Só tein os nosos nomes no censo,
Que astra a nosa suor sin alento se perde na terra.

GALIZA, ¿será a miña xeración quen te salve?
¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?
¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútile!

(Uxío Novoneyra, Os eidos)

 

Acceso á páxina web oficial:
Acceso ás entradas deste blog:
 http://cliessar.blogspot.com/search/label/Novoneyra

30 nov 2010

Luís Seoane (4)


Continuamos coa celebración do Centenario de Luís Seoane. Na entrada do Instituto temos unha proxección permanente das súas obras; pero, para aquelas persoas que non teñen ese privilexio compartimos un documento síntese da obra:

 Ver completo no
arquivo pdf