Mostrando entradas con la etiqueta Día da Ciencia en Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Ciencia en Galego. Mostrar todas las entradas

3 nov 2011

II Día da Ciencia en Galego

Aínda que no noso centro o celebremos o día 11, estamos ao tanto.


Fonte da información: Código Cero
O vindeiro venres, 4 de novembro, celébrase no noso país o II Día da Ciencia en Galego, unha celebración que ten como obxectivo promover o uso cotián da nosa lingua en todos os ámbitos da sociedade, incluído o da investigación e a ciencia, e non limitarse ao seu emprego literario ou para a reflexión lingüística, como vén sendo habitual.
Xa que logo, os Servizos de Normalización Lingüística das tres universidades galegas, coa colaboración desinteresada de destacadas personalidades do noso país, veñen de estrear a campaña, En galego tamén se fai ciencia, que inclúe unha serie de actividades abertas a tódalas persoas interesadas, que van dende exposicións e charlas ata reparto de vocabularios específicos ou visitas guiadas polas instalacións relacionadas coa ciencia nos centros universitarios.
Porén, como todo evento significativo que se prece, este ano non podía faltar a extensión desta celebración tamén pola Rede, e a isto contribuíu a Coordinadora Galega de ENDL (Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística), que creou o evento Popularizar o tema #cienciaengalego na Rede.
O obxectivo desta campaña en liña é posicionar o hashtag #cienciaengalego en Twitter, e por extensión na Rede, durante o venres 4 de novembro de 2011, o día oficial da celebración, para, segundo din, “mostrar á sociedade a idoneidade do desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas en galego”.
Con esta acción, a Cgendl pretende, entre outras cousas, expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en tódolos contextos, incluídos os relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, e expresar publicamente que todas as linguas son válidas para a expresión científica e tecnolóxica, algo que, nos tempos que corren debería darse por sentado.
A Cgendl insta ás persoas usuarias de Twitter que inclúan o hastag #cienciaengalego nos seus twits ao longo de todo o venres 4 novembro, e alén desta rede social, que divulguen a iniciativa nos seus sitios web persoais, nos dos centros de ensino ou nos perfís de todas cantas contas teñan en distintas redes sociais.
Asemade, recoméndanlle aos internautas interesados na promoción que publiquen todo canto material didáctico e artigos científicos teñan en galego, así como os da devandita campaña En galego tamén se fai ciencia, a disposición na súa web oficial.
Por último, instan á comunidade internauta a colgar o cartel da convocatoria do II Día da Ciencia en Galego (tamén a disposición de tódolos interesados na web oficial da celebración), a fin de estender a campaña a tódolos recunchos posibles.

19 nov 2010

ASTRONOMÍA: Antonia Ferrín Moreiras

Imaxe e  interesante artigo
Como complemento ás actividades de celebración do Día da Ciencia en Galego, e dentro da Semana da Ciencia, o alumnado de 4º asistiu o venres pasado, día 12 no Centro Cívico dos Mallos a unha conferencia- presentación sobre as mulleres astrónomas pola profesora da Universidade de Santiago, Josefina Ling. Na conferencia fíxose un percorrido detallado pola contribución de distintas personalidades femininas á Astronomía. Insistiuse na marxinación e ocultación que sufriron estas científicas ao longo da historia. Coa desculpa da falta de tempo quedamos sen saber nin o nome de singular astrónoma galega: a doutora Antonia Ferrín Moreiras que morreu en 2009, precisamente o Ano Internacional da Astronomía. 
Foi colaborando con  Ramón María Aller Ulloa (un dos tres astrónomos homenaxeados no Día da Ciencia en Galego  2010)  como Antonia Ferrín descubriu a súa propia vocación
Antonia Ferrín Moreira




En relación coa ciencia, podes aprender algo máis resolvendo estes misterios

Actualización:

Ramón María Aller, homenaxeado no Día do Científico Galego

 .......
Esta é a entrada nº 200 de Caladoiro

4 nov 2010

Día da Ciencia en Galego


Consulta todas as entradas deste blog coa etiqueta Día da Ciencia en Galego,
 tamén no da biblioteca  coas actividades previstas para hoxe e, dentro de nada, estará publicado un artigo con imaxes na revista  Graos de corvo

1 nov 2010

Día da Ciencia en Galego (Cafés-Teatro Científicos)

Álbum de Casto Rivadulla

A ciencia, como cada ano por estas datas, esténdese cara a onde normalmente nunca chega, a non ser a través de propostas específicas de cada quen. Un exemplo ben claro desta divulgación con estensións é a iniciativa do grupo de investigación Neurocom da Universidade da Coruña para levar a ciencia a diversos establecementos hostaleiros do noso país. As novas achegas dos Café Teatro Científicos, así se fan chamar, desenvolveranse ao longo dos vindeiros días en  Santiago baixo o epígrafe xenérico Que pasaría se xuntasemos nun bar a... A idea da proposta, que vén da man de Xurxo Mariño e Casto Rivadulla (Neurocom), é achegar dúas disciplinas en principio tan afastadas como a artística e a científica, e todo a través da participación nestes encontros de actores e físicos, neurofisiólogos, matemáticos, biólogos ou ecólogos.
Fontes da información:
Código Cero
Radiofusión
Relacionado Discurshow

29 oct 2010

Concurso de relatos científicos, A ciencia que conta

 Mañá,  30 de outubro,  remata o prazo.
imaxe
Por terceiro ano, os profesores do proxecto A ciencia que conta, da Universidade de Vigo, celebran o certame de contos do mesmo nome para promover dúas cousas ben complementarias: o espírito investigador entre a nosa mocidade e o emprego do galego acompañando ese espírito investigador. Trátase do Concurso de Relatos Ciencia que Conta, convocatoria literario-científica que xorde ao abeiro dun terceiro obxectivo a engadir aos devanditos: contribuír a concienciar ao conxunto da sociedade galega sobre a importancia da investigación no noso desenvolvemento económico e na procura dun meirande benestar social.
Segundo apuntan os organizadores, para participar no concurso é preciso achegar unha peza literaria breve que poña en valor a importancia da ciencia, ben nun eido xenérico ou a través de exemplos específicos. O certame diríxese á comunidade escolar do noso país, tanto o alumnado como o profesorado, e non só a ligada ás ciencias.
A intención é achegar o espírito de desenvolvemento tecnolóxico a outros ámbitos non habituais. O prazo para o envío dos traballos remata este 30 de outubro. Segundo indica a organización, o premio para o relato máis salientable dos presentados en cada categoría consistirá nun ordenador ultraportátil.
Fonte. Código Cero

27 oct 2010

Día da Ciencia en Galego (seguimos)



o fragmento de vídeo procede deste blog, continúa explorando

25 oct 2010

Participación no Día da Ciencia en Galego

imaxe

Se queres ver as actividades dos institutos galegos no 
Día da Ciencia en Galego, dá un clic aquí, despois 
busca A Sardiñeira (á dereita da páxina) e compara.

Se queres prepararte para os xogos en rede podes 
visitar  o site de Linguatic@s. Utiliza o enlace para 
ver máis xogos

23 oct 2010

Ciencia e cinema na Coruña

A celebración do Día da Ciencia en Galego, o día 4 de novembro,  vén cadrando entre a Mostra de Ciencia e Cinema e a Semana da Ciencia que se celebra en novembro. A Mostra Organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias (AAAC) proxecta 17 películas chegadas de todo o mundo dentro da sección oficial, todas elas coa ciencia como nexo en común.
Xornal.com
Código Cero

22 oct 2010

vagalume

Preparando o Día da Ciencia en Galego. Velaí un espazo vitual que debes visitar:



Fotografía de Pere Tuset sacada de DigitalNatura

21 oct 2010

A ciencia no punto de mira

A ciencia no punto de mira

O Día da Ciencia en Galego, que se celebra o día 4 de novembro, contará cunha obra divulgativa máis

Jorge Mira, doutor en Física e profesor da Universidade de Santiago, é un dos divulgadores científicos máis populares en Galicia. Coñecido pola súa colaboración no popular programa Cifras e Letras e por traer a Santiago algúns dos premios Nobel máis significativos, o seu último reto é amosar que as pesquisas científicas poden ser divertidas. A ciencia no punto de mira (Auga Editora, 2010) é o seu primeiro libro

18 oct 2010

Lecturas científicas

O día 4 de novembro celebraremos, tamén no noso instituto, o Día da Ciencia en Galego. Unha proposta desde CALADOIRO é  que aproveitemos para ler textos científicos en lingua galega. É moi doado, a través de



Bivir é a Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos. Cando accedemos, só temos que localizar Biblioteca científica e despois escoller unha obra

11 oct 2010

Día da Ciencia en Galego

A partir deste ano 2010, o 4 de novembro pasará a ser o Día da Ciencia en Galego. Este ano renderá homenaxe ao astrónomo e matemático galego Ramón María Aller Ulloa (1878-1966), do físico escocés James Clerk Maxwell (1831-1879) e mais de Afonso X O Sabio (1221-1284).
No seguinte enlace encontrarás toda a información sobre o motivo da celebración, as organizacións que o promoven, actividades propostas e, tamén ligazóns a webs interesantes:
http://www.cienciaengalego.org/