Mostrando entradas con la etiqueta Día de.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de.... Mostrar todas las entradas

1 may 2012

1º de MAIO

Fonte da imaxe







A orixe: explicación e vídeo


Galicia.Todas as desfeitas do país, nunha soa ollada






*****
Imaxe de La Región


Os Maios, unha festa cíclica galega

25 abr 2012

25 de abril

Tal día coma hoxe, no ano 1974, comezaba en Portugal a Revolução dos cravos. Ao compás dunha canción "Grândola, Vila Morena"de Zeca Afonso  

***
Actualización 5 de maio de 2012:  Consulta  esta entrada

28 mar 2011

Día Mundial do Teatro

Casahamlet
Celebración do Día do Teatro na Sardiñeira 
Por motivos de calendario a celebración comezará hoxe coa inauguración dunha nova exposición  na entrada  e terá como acto principal  a conferencia de Santiago Fernández, tal e como aparece no blog da Biblioteca. Santiago Fernández  e Manuel Lourenzo son os creadores de Casahamlet, compañía e escola de teatro,  que acaba de recibir o Premio Otero Pedrayo

Esta, como outras celebracións, son unha forma de salientar aspectos e intereses presentes dentro da comunidade educativa. No caso concreto do teatro destacan, por exemplo, o Obradoiro de Teatro, organizado pola ANPA, ou a asistencia á representación teatral  Le Fantôme de l' Opéra, para alumnado de francés, o próximo 8 de abril.

Hai uns días entregábanse aquí na Coruña os Premios María Casares. Entre os premios destacamos aqueles que teñen unha relación estreita coa vida cultural  do noso instituto:
  •  Mellor texto orixinal Limpeza de sangue de Roberto Salgueiro, unha obra programada para 1º de Bacharelato neste curso
  • A produción Un cranio furado, dirixida por Quico Cadaval levou, entre outros, o galardón ao mellor espectáculo. Quico Cadaval é director e actor da obra  Shakespeare para ignorantes, á que asistiu parte do alumnado neste mesmo curso.
    Imaxe
  • Mellor actor protagonista (Evaristo Calvo, na imaxe) por Un cranio furado. Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son os actores da Cociña Económica, que se representaron  para o noso centro  no Salón de Actos de Caixa Galicia,  a finais do curso pasado.

21 mar 2011

Día da Poesía

Biblioteca

 ***
Centenario de Gabriel Celaya (1911-1991)

(...)
Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.

Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse
(...)


Texto completo en
http://unlibroaldia.blogspot.com/2011/03/gabriel-celaya-100-anos-despues.html

Extra:
Vídeo. Amparo Gastón (Vva.)

10 mar 2011

10 de marzo

Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega, na memoria de Amador Rey e Daniel Niebla,  traballadores de Bazán (Ferrol) mortos pola represión policial (10 de marzo de 1972).

"O 10 de marzo de 1972 foi un día de chumbo. Chumbo nos partes meteorolóxicos, con temporal nos mares de Fisterra. Chumbo nos partes médicos. Máis ameazas de chumbo nos comunicados oficiais. Dous obreiros mortos e máis de cincuenta feridos de bala. En moitos corpos feridos, os orificios de entrada do proxectil eran polas costas".(artigo de Manuel Rivas)

Como homenaxe, velaí unha proposta de lectura:


O 10 de Marzo na voz dos poetas galegos: Manuel María, Uxío Novoneyra, Vicente Araguas, Darío Xoán Cabana, Evaristo de Sela, María Xosé Queizán

+ información

8 mar 2011

8 de marzo

Día Internacional da Muller
Para unha mellor comodidade de lectura preme na marca Glogster e despois en VIEW FULL SIZE



A situación actual: O caso de Nélida Pisco (vídeo)

Actualizacións:

Mulleres e Memoria

Neste Día Internacional da Muller, unha pequena aproximación ao traballo das mulleres árabes:
O Foro das Mulleres e  Memoria. con sede no Cairo pretende revisar a tradición árabe e historia da cultura co fin de promover unha sociedade baseada na xustiza e na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. Unha das formas de funcionamento deste foro é  a través de performances nas que se contan a historia publicamente.

 Vai a este enlace Women and Memory: “I’m the Story” para navegar en busca de máis información

 

24 feb 2011

Día de Rosalía

Hoxe o alumnado de 2º de ESO, na clase de Lingua Galega, homenaxeou a Rosalia de Castro (Santiago, 24 de febreiro de 1837- Padrón 15 de xullo de 1885). A lectura escollida foi  a composición " Miña Santiña, miña santasa" de Cantares galegos (1863) onde unha mociña, fascinada polo baile de moda, suplícalle a unha santa que lle ensine a bailar. Malia as habilidades  da rapaza "cumprimenteira", a santa  non acepta o negocio;  o diálogo das dúas é a tensión entre o pracer e o deber:

Miña Santiña,
miña Santasa,
miña cariña
de calabasa:
hei de emprestarvos
os meus pendentes,
hei de emprestarvos
o meu collar;
hei de emprestarcho,
cara bonita,
si me deprendes
a puntear.
- Costureiriña
comprimenteira,
sacha no campo,
malla na eira,
lava no río,
vai apañar
toxiños secos
antre o pinar.
Así a meniña
traballadora
os punteados
deprende hora.


(...)
Como a santa non cede á petición, a rapaza acaba moi enfadada:

- ¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
pór n'hei de porche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.

 Con algúns cambios - para as obrigas, por exemplo- calquera se pode identificar con esa situación porque as actitudes non cambian.

Pódese ler o poema completo  en http://gl.wikisource.org/wiki/Cantares_gallegos,_1-10, é o texto 5
A Asociación  de Escritores en Lingua Galega organizou, para esta  tarde, unha lectura simultánea de textos rosalianos en distintos lugares do país

Actualización: Rosalía de Castro... vive nas bibliotecas escolares galegas

25 nov 2010

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

25 de novembro


O 17 de decembro de 1999, a través da resolución 54/134, a Asemblea Xeral  das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e convidou aos gobernos, as organizacións internacionais e as organizacións non gobernamentais a que organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller. A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1960 do tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961).
Enlaces recomendados:

4 nov 2010

Día da Ciencia en Galego


Consulta todas as entradas deste blog coa etiqueta Día da Ciencia en Galego,
 tamén no da biblioteca  coas actividades previstas para hoxe e, dentro de nada, estará publicado un artigo con imaxes na revista  Graos de corvo

10 oct 2010

Contra a pena de morte

Fonte da imaxe
Manipulada con FireShot e Paint