Mostrando entradas con la etiqueta Domingo Villar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Domingo Villar. Mostrar todas las entradas

21 ene 2011

Os nosos autores

Onte pola noite, na Librería Arenas  da Coruña, presentouse  a novela A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña, de Santiago Jaureguizar, . No acto participaron  Manuel Santiago Arenas Roca, Manuel Bragado e o propio autor.
Jaureguízar é un dos autores estrela do noso Club de Lectura, como recordaredes se revisades estas entradas en CALADOIRO

Por outra parte,  Domingo Villar adiantaba, nunha entrevista, algo da súa próxima novela:
"A novela comeza en Tirán, en Moaña, coa desaparición dunha muller, e vai cara a Vigo. Vai ter protagonismo a Escola de Artes e Oficios, que é unha xoia un pouco oculta da cidade e é un escenario ideal".  Como a novela sairá nos últimos meses do 2011, é unha boa idea para un agasallo; e despois da lectura un bo motivo para organizar un percorrido literario como o do ano pasado (ver blog).
Como extra aquí vos queda  un mapaun beixo.







10 nov 2010

A praia dos afogados en cine

Imaxe tomada o 12 de abril deste ano, día en que parte do alumnado da Sardiñeira se desprazou a Nigrán para coñecer o espazo onde se desenvolve a novela e ter un encontro co escritor
O inspector Leo Caldas pasará de protagonizar as novelas do escritor vigués Domingo Villar a protagonizar a versión cinematográfica de 'A praia dos afogados', o segundo libro da serie. O produtor Gerardo Herrero está volcado neste proxecto a través da súa empresa, Tornasol Films, que conta coa colaboración da coruñesa Milú Films.

Galiciaé

28 oct 2010

Domingo Villar, proxección internacional

Domingo Villar no Mord am Hellweg de Alemania

Único representante do Estado no máis importante festival de novela negra de Europa

O escritor vigués Domingo Villar será o único escritor de todo o estado español convidado para participar no Mord am Hellweg de Alemania, o festival de novela negra máis importante de Europa. O autor de 'Ollos de auga' e 'A praia dos afogados' e creador do detective Leo Caldas participará neste importante evento no que están chamados a acudir seiscentos escritores e escritoras de todo o mundo.
Unha boa nova para a literatura galega que nos enche de ledicia neste comezo da semana. Parabéns, enormes, para Domingo!
Fonte: Axenda AELG

27 sept 2010

Festival de literatura policial en Europa

Domingo Villar estará entre os grandes autores no Mord am Hellweg,  o maior festival de literatura policial en Europa
ler información en castelán


imaxe

27 abr 2010

Domingo Villar e Pablo Carpintero gañan o Premio Losada Diéguez

Esta fin de semana tivo lugar o fallo do premio Antón Losada Diéguez na súa vixésima quinta edición, que no seu apartado de Creación Literaria recaeu na novela A praia dos afogados (Galaxia, 2009), de Domingo Villar. O premio no eido de Investigación e Ensaio foi concedido a Pablo Carpintero Arias pola súa obra Os instrumentos musicais na tradición galega (Difusora, 2009). Os integrantes do xurado valoraron da novela de Villar "a súa excelente construción narrativa" así como "a grande capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego". O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense. Prémianse dúas obras publicadas no ano anterior, unha na modalidade de creación literaria e outra de investigación, de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Os gañadores recibirán cada un 6.000 euros e un diploma, nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes, o vindeiro sábado 12 de xuño.

12 abr 2010

"A praia dos afogados"







Hoxe, 12 de abril, unha parte do alumnado da Sardiñeira desprazarémonos aos escenarios d' A praia dos afogados. Sairemos moi cedo en dirección a Panxón para percorrer co autor, Domingo Villar, os espazos nos que se desenvolve a novela. Unha novela tamén lle gustou ao Ministro de Interior, que cada vez é traducida a máis idiomas. Nós puidemos lela en versión orixinal. Todo un privilexio!

18 ene 2010

'A praia dos afogados' en alemán


Xa está publicada en alemán e axiña o estará en italiano e inglés
A edición de 'A praia dos afogados' internacionalízase
A última novela publicada de Domingo Villar, 'A praia dos afogados' (Galaxia) leva o mesmo camiño de éxito internacional que a súa predecesora 'Ollos de auga'.

A obra acaba de ser publicada en alemán en nos vindeiros meses tamén se editará en italiano e inglés. A novela, protagonizada polo inspector Leo Caldas e ambientada en Vigo e a súa bisbarra, vén de ser publicada pola editorial alemá Union Sverlag e as prestixiosas Feltrinello (Italia) e Little & Brown (Reino Unido) editarán ambas as versións en italiano e inglés en breve.

Na actualidade, Domingo Villar atópase mergullado na escrita da terceira novela, tamén protagonizada por Leo Caldas e ambientada en Vigo e os seus arredores. A praia dos afogados, que está a punto de vender a súa terceira edición en galego, fai que Domingo Villar sexa un dos autores galegos máis lidos. De feito, a súa anterior novela Ollos de auga leva xa sete edicións en galego.