18 ene 2010

'A praia dos afogados' en alemán


Xa está publicada en alemán e axiña o estará en italiano e inglés
A edición de 'A praia dos afogados' internacionalízase
A última novela publicada de Domingo Villar, 'A praia dos afogados' (Galaxia) leva o mesmo camiño de éxito internacional que a súa predecesora 'Ollos de auga'.

A obra acaba de ser publicada en alemán en nos vindeiros meses tamén se editará en italiano e inglés. A novela, protagonizada polo inspector Leo Caldas e ambientada en Vigo e a súa bisbarra, vén de ser publicada pola editorial alemá Union Sverlag e as prestixiosas Feltrinello (Italia) e Little & Brown (Reino Unido) editarán ambas as versións en italiano e inglés en breve.

Na actualidade, Domingo Villar atópase mergullado na escrita da terceira novela, tamén protagonizada por Leo Caldas e ambientada en Vigo e os seus arredores. A praia dos afogados, que está a punto de vender a súa terceira edición en galego, fai que Domingo Villar sexa un dos autores galegos máis lidos. De feito, a súa anterior novela Ollos de auga leva xa sete edicións en galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario