15 dic 2009

O APALAPADOR

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesas das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes. Desde o 2007 dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algúns cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Lecturas:
podes ler algo neste conto
Le máis
e máis
e se sabes catalán comprobarás que falan del

Información complementaria:
http://www.apalpador.net/
http://www.vieiros.com/vieiros-da-escola/index.php?id=8
Web Galicia encantada
Imprime e personaliza o teu propio Apalpador

No hay comentarios:

Publicar un comentario