Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas

30 abr 2012

I Campionato de Trivial "Sermos Galiza"

Rexístrate antes do 9 de maio 


O próximo 17 de maio a lingua galega estará de novo nos quiosques a través do semanario Sermos Galiza, un proxecto de comunicación do que a AS-PG tamén forma parte. Por iso, convocamos un 
campionato de trivial de acordo coas seguintes:



2 feb 2012

AS-PG: Campionato de Trivial. Tema Castelao

I CAMPIONATO DE TRIVIAL SOBRE A FIGURA DE CASTELAO



En conmemoración do 125 aniversario do nacemento de Castelao, feito que tivo lugar no recén acabao ano 2011, a AS-PG convoca este campionato de Trivial centrado na figura e obra de Castelao. Nado en Rianxo en 1886 e finado no exilio (Bos Aires) no 1950, Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade". Polifacético novelista, debuxante, caricaturista, pintor, teórico da arte e político, sempre reflectiu na súa obra o seu compromiso co galeguismo e coa solidariedade.

BASES


1. Participantes.

Poderá participar calquera persoa que o desexe con independencia do seu lugar de residencia. Para se inscribir, debe cubrir os datos que se recollen na ficha de inscrición que aparecerá na web do trivial no momento de se convocar o campionato. No caso de non ser aínda usuario do Trivial debe cubrir a ficha de rexistro. Para calquera dúbida relaciionada con este tema pode contactar a través do correo trivial.gz@as-pg.com. O Campionato rexerase polas normas do Trivial.gz.

2.- Inscrición.

O Campionato desenvolverase entre as 15 horas do día 13 de febreiro e as 15 horas do día 17 de febreiro de 2012. As datas de inscrición serán entre o 1 e o 11 de febreiro de 2012.

O nivel de dificultade será de 1 (Fácil) e xogarase con 6 temas. Haberá un único tema obrigatorio (Catelao) para todos os concursantes debendo elixir cada xogador ou xogadora os cinco restantes no momento de configurar a partido.

O tempo máximo paa xogar o Campionato será de 300 minutos. Transcorrido este tempo, se un concursante desexar continuar, poderá mercar tempo até un máximo de 30 minutos. Por cada minuto que compre deberá aboar 50 puntos, que lle serán descontados no momento de facer a compra. O tempo pode compralo todo xunto ou enfraccións de un minuto.


3.- Premios.

Establécense 3 premios para os/as 3 primeiros/as clasificados/as. Un 1º premio de 300€, un 2º premio de 200€ e un 3º premio de 100€.

Paa recoller o premio será necesario identificarse mediante DNI. Os gañadores ou gañadoras deberán contactar mediante email coa AS-PG no enderezo
trivial.gz@as-pg.com

para solicitar o premio. As solicitudes deberán facerse antes do 09 de marzo de 2012. Pasado ese tempo perderase o dereito a recibir o premio. A este fin, na ficha de inscrición, debe indicarse un correo electrónico válido. Calquera cuestión non expresa nestas bases será aclarada e interpretada pola AS-PG.

29 dic 2010

Concurso Felicitacións sms

Aínda estás a tempo!

25 sept 2010

Concurso 24 horas full screen

GalegoLab anima aos internautas a sintetizar nun vídeo as 24 horas dun galego falante
Pódense reducir e sintetizar 24 horas da vida dun galegofalante nunha peza audiovisual que non vaia alén dos cinco minutos?
Este é o reto que nos propón a organización con 24 horas full screen  (máis información)