Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas

8 feb 2011

Proposta de lectura global

Lectura Global YouTube obra literaria galega

Lectura Global  en YouTube  dunha obra literaria galega

É unha proposta de GalegoLab para conmemorar, por exemplo. os 50 anos de publicación de Memorias dun neno labrego (Bs.As. 1961)

O básico: cando, onde, para quen...

Vai dirixido a calquera que lle guste a lectura e queira participar.

Duración: até completar a obra, a poder ser dentro do ano en curso.

Colaboracións interesantes: Participación do autor (de escollermos unha cuxo autor viva), RAG, persoas famosas, institutos, lectorados de galego nas universidades estranxeiras...
 
Quen se apunta?

 

28 ene 2011

Un ninguén universal

O 5 de xaneiro de 1961 publicábase en Buenos Aires o caderno de Balbino, un neno galego, da aldea e pobre "coma quen dis un ninguén". Ninguén imaxinaría daquela que  Memorias dun neno labrego chegaría a ter tantas edicións e ser traducido a 14 idiomas: chinés, inglés, ruso,...
Emociona compartir co autor, Xosé Neira Vilas, a celebración deste 50 aniversario



Presentación da Memoria das Memorias
Actualizacións: Balbino pásase ao "koruño" LVG (2 de abril 2011)