Mostrando entradas con la etiqueta escritores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escritores. Mostrar todas las entradas

5 mar 2012

García Márquez, 85; Cien años de soledad, 45

Cien años de soledad estréase mañá no ciberespazo en formato de libro electrónico

Artigo orixinal < Código Cero
Mañá martes, 6 de marzo, o creador de Cien años de soledad cumpre 85 anos, un aniversario que os amantes da literatura e das obras de Gabriel García Márquez celebraremos de xeito moi especial por coincidir ademais cos 45 anos da publicación desta obra mestra, cos 60 anos do seu primeiro conto (La tercera resignación), cos 30 de recibir o Premio Nobel e cos 10 de ter comezado a publicar as súas memorias, Vivir para contarla.
Porén en Código Cero non nos facemos eco desta nova porque sexamos fans do escritor colombiano, que tamén, senón porque foi a data escollida para subir á Rede a primeira edición de Cien años de soledad en formato de libro electrónico, que ademais sairá coa portada orixinal da primeira vez: un galeón na selva colombiana.
A achega virá da man da súa amiga e axente literaria, Carmen Balcells, e chegará as librarías virtuais só en español, pois segundo lemos nas páxinas de El País, a axente literaria non vai autorizar, en principio, ningunha máis noutro idioma pois afirma que “o libro electrónico é un mercado sen fronteiras e todo se fará de vagar”. “Non se pode entrar nese delirio do mundo da edición contribuíndo ao nerviosismo que o circunda”, engade.
Malia que se trata xa da cuarta obra de García Márquez que se publica en edición electrónica, (pois xa existen neste formato Relato de un náufrago, Todos los cuentos e Vivir para contarla, da editorial Leer-e) o certo é que esta será unha publicación moi especial, na que se “extremaron as atencións no trasvase do texto ao dixital”, afirma o director da editorial, Ignacio Latasa.
A publicación virtual, que custará 5,99 euros, sairá para Kindle e en formato estándar de Epub, válido para diferentes dispositivos, incluídos os de Apple.

4 ene 2012

2012 Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro

Este ano 2012 estará dedicado á celebración do centenario do nacemento de
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 - Vigo, 1979)
Na barra lateral tedes un enlace permanente á páxina oficial onde atoparedes información completa e detallada. Tamén podedes consultar o enlace do site de Lingua galega e Literatura




        IRMAUS

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
 (Longa noite de pedra, 1962)

10 may 2011

Semana Cultural (2)

Conferencia para alumnado de Secundaria e Bacharelato


A cargo de Mercedes Queixas, autora do libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, Ed. Laiovento, 2011

Podes acceder a máis información
  • Sobre Lois Pereiro 
  1. Visitando a páxina oficial : http://loispereiro.blogaliza.org/
  2. Premendo sobre o enlace do lateral deste mesmo blog
  3. Visitando  o blog da biblioteca do IES Concepción Arenal de Ferrol (moi recomendable)
  • Sobre Mercedes Queixas
  1. Páxina da autora na AELG 
  2. Presentación do libro na ACAB

27 mar 2011

A Casa-Museo de Manuel Antonio

Imaxe
Manuel Antonio (1900-1930) xa ten o seu propio museo en Rianxo. Abriuse onte no número 24 da Rúa de Abaixo, onde estivera a súa casa. O “insigne poeta nacional”, o “poeta radical que morreu novo, como os escolleitos dos deuses”, como o cualificou no acto de inauguración o presidente da Real Academia Galega (RAG), o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, adiantóuselles finalmente a Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. As casas destes dous ilustres conveciños, que ían integrar xunto á do autor de De catro a catro o que Xesús Alonso Montero e Isaac Díaz Pardo chamaban a Academia Literaria de Rianxo, seguen aínda na lista de espera. (Noticia completa)
ACTUALIZACIÓN Folleto web
Imaxes da inauguración

7 oct 2010

Nobel de Literatura

 O escritor peruano Mario Vargas Llosa, Premio Nobel de Literatura 2010
  •  ler a nova en ANT





22 ago 2010

A voz de Rosalía en Bos Aires

Os versos de Rosalía estarán en Bos Aires na conmemoración do nacemento de Borges

Galicia estará presente con poemas de Rosalía de Castro na iniciativa 'Babel, a biblioteca de poesía', posta en marcha polo Goberno da Cidade de Bos Aires (Arxentina) para celebrar o 'Día do Lector', o vindeiro 24 de agosto, en conmemoración do nacemento do escritor arxentino Jorge Luis Borges.

O obxectivo da proposta é achegar ao espectador a experiencia directa de encontro con diversas linguas propias das colectividades presentes na cidade, realizando lecturas de poemas nos seus idiomas orixinais. Neste contexto, entre o luns 23 e o xoves 26 levaranse a cabo oito presentacións en diversas bibliotecas públicas da cidade autónoma.
Así, leranse poemas de Ron Winkler en alemán, de Jaroslav Seifert en checo, de João Cabral de Melo Neto en portugués, de Joãn Brossa en catalán, de Gabriele D’Annunzio en italiano, de William Shakespeare en inglés, de Said Akl en Árabe e de Rosalía de Castro en galego.

A lectura estará a cargo da escritora e xornalista Delfina Blanco, que ofrecerá ao público asistente unha breve presentación da traxectoria da autora galega e lerá catro textos da escritora de Padrón e dúas pezas dedicadas á súa figura por Ramón Cabanillas e Manuel Curros Enríquez.

(de Galiciaé)

Extra: Presentación en Slideshare do parque El Rosedal (Bs. As.) onde está "El jardín de los poetas"

Nota: Algunhas palabras teñen ligazóns; pasa o rato sobre o texto para descubrilas

21 abr 2010

Encontro con Jaureguízar, resumido nun minuto



Actualización.- O propio autor recolle esta visita no seu blog:
ASUNTOS PROPIOS

Distinguidos clientes, prezados balbordeiros:

Botei dous días de semana co local pechado e penso que iso precisa unha explicación pola miña banda. Onte estiven dando un obradoiro de conto para rapaces do IES Fernando Esquío de Neda, moi agradecido co resultado, e rematando un curso sobre técnicas de animación á lectura para profesores en Viveiro. Hoxe andei no IES A Sardiñeira da Coruña, dialogando sobre A cova das vacas mortas e no IES David Buján de Cambre (espectaculares o power point e os cómics), conversando sobre Salitre (que, para a miña fascinación, segue lido tras dez anos). Pola tarde, tiven un novo obradoiro de conto, desta volta para nenos, na Casa de Cultura de Pontecaldelas.

17 abr 2010

Jaureguízar



Estivo con nós e adiantounos algo do que van ser as súas próximas publicacións

Daremos a información pouco a pouco.
Se queres saber máis move o dedo

12 dic 2009

Rivas, académico

Cunha flor de toxo na man, O'Rivas debullou o seu discurso "A boca da literatura", co que pasa oficialmente a formar parte da Real Academia Galega.
"Non é por gloria, nin por riqueza, nin por honores polo que nós loitamos, senón pola liberdade"