Cien años de soledad estréase mañá no ciberespazo en formato de libro electrónico
Artigo orixinal < Código CeroPorén en Código Cero non nos facemos eco desta nova porque sexamos fans do escritor colombiano, que tamén, senón porque foi a data escollida para subir á Rede a primeira edición de Cien años de soledad en formato de libro electrónico, que ademais sairá coa portada orixinal da primeira vez: un galeón na selva colombiana.
A achega virá da man da súa amiga e axente literaria, Carmen Balcells, e chegará as librarías virtuais só en español, pois segundo lemos nas páxinas de El País, a axente literaria non vai autorizar, en principio, ningunha máis noutro idioma pois afirma que “o libro electrónico é un mercado sen fronteiras e todo se fará de vagar”. “Non se pode entrar nese delirio do mundo da edición contribuíndo ao nerviosismo que o circunda”, engade.
Malia que se trata xa da cuarta obra de García Márquez que se publica en edición electrónica, (pois xa existen neste formato Relato de un náufrago, Todos los cuentos e Vivir para contarla, da editorial Leer-e) o certo é que esta será unha publicación moi especial, na que se “extremaron as atencións no trasvase do texto ao dixital”, afirma o director da editorial, Ignacio Latasa.
A publicación virtual, que custará 5,99 euros, sairá para Kindle e en formato estándar de Epub, válido para diferentes dispositivos, incluídos os de Apple.
No hay comentarios:
Publicar un comentario