Unha xustificación:
Ilustrísima de Carlos Casares (Galaxia, 1980) é unha das obras de lectura obrigatoria en 2º de Bacharelato para a 3ª avaliación. Esta obra, a parte de formar parte dos contidos teóricos da materia de LGeL, ten a favor a brevidade e a facilidade da lectura, pero ademais buscámoslle un certo paralelismo co alumnado da promoción 2010-2012, coincidente co centenario do tempo da historia que se narra en Ilustrísima (1910-1912). Serviranos para comparar estilos xornalísticos, para reflexionar sobre o fanatismo, os prexuízos e a manipulación dos medios de información tanto na ficción como na realidade.
Unha recomendación:
Galaxia publica en edición dixital a obra de Casares
Un blog dedicado a Carlos Casares permanecerá activo ata fin de ano
Un
libro de homenaxe e un especial da Revista Grial completan as accións
previstas pola editora neste décimo aniversario do pasamento do
escritor.
Baixo do título DEZ ANOS CON CARLOS CASARES, Editorial Galaxia bota a
andar, este venres 9 de marzo, un mollo de actividades entre os que
destacan a edición en dixital da súa obra. Actívase tamén un blog no que
escritores, estudosos, críticos e lectores deitarán, a través de
distintos artigos, semblanzas e recomendacións, a súa visión sobre a
vida e a obra do autor de Ilustrísima (ler máis)
No hay comentarios:
Publicar un comentario