Mostrando entradas con la etiqueta Revistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revistas. Mostrar todas las entradas

1 jun 2012

Revista de humor: Enchufados

Empezou a moverse pola rede unha revista de humor

 

que se presenta así

ACERCA NOSA

En Galicia temos campo, bosque, monte, carballos, verde por todos lados, rías, illas… temos ríos, fontes e regatos pequenos, as mellores praias, como non, e sol, vento, orballo, chuvia e mais choiva… as mellores vacas tamén, ademais de lebres, coellos e algún que outro xabarín. Temos empanada, marisco, polbo, patacas, grelos, chourizo e chourizos. Boa literatura, moita música, pandeiretas, gaitas, festas e festas e festas. Hai carpinteiros, greleiras, percebeiros, canteiros… destinos turísticos, peregrinación, bens de interese cultural, patrimonio da humanidade, cruceiros, hórreos, etc, etc. pero sobretodo, temos enchufismo… e humor, moito humor.
Non precisamos pois de familiares que nos faciliten un posto no Concello ou na Deputación para vivir ben, porque en Galicia temos de todo. Deámonos conta do ben que vivimos, gocemos da nosa forma de vida ¡VIVAMOS COMO ENCHUFADOS!

31 may 2012

Revista de fútbol. KUBUS

Deporte na web 


5 feb 2011

A Cuarta Parede. Nova web cinematográfica

A Cuarta Parede defínese como «primeira revista dixital en galego de crítica cinematográfica»



18 sept 2010

Premio para Retranca

O Premio Ourense de Banda Deseñada, que outorga anualmente a Casa da Xuventude de Ourense e a Concellaría de Cultura para distinguir importantes iniciativas e traxectorias dentro deste sector, recaeu este ano na revista RETRANCA. (ler máis)
...................................
(Actualización 4-3-2011) 

Revista Retranca nominada á mellor revista no 29º salón do cómic de Barcelona

16 sept 2010

Revista Arraianos


Ficha técnica
   • Título: Arraianos nº VIII: “Vivir na raia”
   • Páxinas: 291
   • PVP: 10 €
   • Medidas: 17x21 cm
   • Idioma: galego (e tamén portugués e castelán)
   • ISSN: 1698-9953
   • Encadernación: rústica plastificada e cosida a fío.

 Primeiras páxinas

14 sept 2010

Novafantasía

NOVA FANTASÍA é unha revista electrónica, escrita integramente en galego, e adicada a difundir o xénero fantástico: nela teñen cabida a ciencia-ficción, o Terror, a Fantasía heroica e todos os xéneros que entran no amplo mundo da Fantasía, vista dende todos os eidos posibles: Literatura, cinema, cómic, música, etc. E todo elo, por suposto, en galego. Coa dobre intención de dignificar a nosa lingua e de dignificar o xénero fantástico.

Nova  Fantasía é...  mellor compróbao persoalmente cun simple CLIC debaixo da  imaxe


acceder

9 ago 2010

Para seguir lendo... sobre L. Seoane


O pasado mércores, 4 de agosto, a Editorial Galaxia presentou, na Feira do Libro da Coruña, o número 186 da Revista Grial dedicado a Luís Seoane no centenario do seu nacemento.

Clic para + información

22 jul 2010

Para seguir lendo... Revistas


Revista Código Cero: o mundo das novas tecnoloxías en galego. Un dos especialistas colabora no programa da TVG "Bos días". Podes acceder ás colaboracións desde aquí , ou ver só un exemplo