1 jun 2012

Revista de humor: Enchufados

Empezou a moverse pola rede unha revista de humor

 

que se presenta así

ACERCA NOSA

En Galicia temos campo, bosque, monte, carballos, verde por todos lados, rías, illas… temos ríos, fontes e regatos pequenos, as mellores praias, como non, e sol, vento, orballo, chuvia e mais choiva… as mellores vacas tamén, ademais de lebres, coellos e algún que outro xabarín. Temos empanada, marisco, polbo, patacas, grelos, chourizo e chourizos. Boa literatura, moita música, pandeiretas, gaitas, festas e festas e festas. Hai carpinteiros, greleiras, percebeiros, canteiros… destinos turísticos, peregrinación, bens de interese cultural, patrimonio da humanidade, cruceiros, hórreos, etc, etc. pero sobretodo, temos enchufismo… e humor, moito humor.
Non precisamos pois de familiares que nos faciliten un posto no Concello ou na Deputación para vivir ben, porque en Galicia temos de todo. Deámonos conta do ben que vivimos, gocemos da nosa forma de vida ¡VIVAMOS COMO ENCHUFADOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario