Mostrando entradas con la etiqueta Jaureguízar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jaureguízar. Mostrar todas las entradas

21 ene 2011

Os nosos autores

Onte pola noite, na Librería Arenas  da Coruña, presentouse  a novela A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña, de Santiago Jaureguizar, . No acto participaron  Manuel Santiago Arenas Roca, Manuel Bragado e o propio autor.
Jaureguízar é un dos autores estrela do noso Club de Lectura, como recordaredes se revisades estas entradas en CALADOIRO

Por outra parte,  Domingo Villar adiantaba, nunha entrevista, algo da súa próxima novela:
"A novela comeza en Tirán, en Moaña, coa desaparición dunha muller, e vai cara a Vigo. Vai ter protagonismo a Escola de Artes e Oficios, que é unha xoia un pouco oculta da cidade e é un escenario ideal".  Como a novela sairá nos últimos meses do 2011, é unha boa idea para un agasallo; e despois da lectura un bo motivo para organizar un percorrido literario como o do ano pasado (ver blog).
Como extra aquí vos queda  un mapaun beixo.







14 jun 2010

Mensaxes para Jaureguízar

Andrea
Anxo
José A.
Mario
Rubén

9 may 2010

A coroa de Napoleón (S. Jaureguízar)

No encontro co Jaureguízar tivemos ocasión de coñecer, en primicia e directamente do seu autor, a publicación dos primeiros títulos da colección Un misterio para Tintimán. Despois de que Jaureguízar nos falase de Tintimán: un rapaz novo, detective, que resolve un misterio na Coruña; A coroa de Napoleón converteuse na lectura máis desexada no noso grupo.

Polo momento só hai dous títulos publicados:
  • A coroa de Napoleón, un misterio para Tintimán na Coruña.
Están publicados por Edicións Xerais e levan ilustracións de José Matalobos

21 abr 2010

Encontro con Jaureguízar, resumido nun minuto



Actualización.- O propio autor recolle esta visita no seu blog:
ASUNTOS PROPIOS

Distinguidos clientes, prezados balbordeiros:

Botei dous días de semana co local pechado e penso que iso precisa unha explicación pola miña banda. Onte estiven dando un obradoiro de conto para rapaces do IES Fernando Esquío de Neda, moi agradecido co resultado, e rematando un curso sobre técnicas de animación á lectura para profesores en Viveiro. Hoxe andei no IES A Sardiñeira da Coruña, dialogando sobre A cova das vacas mortas e no IES David Buján de Cambre (espectaculares o power point e os cómics), conversando sobre Salitre (que, para a miña fascinación, segue lido tras dez anos). Pola tarde, tiven un novo obradoiro de conto, desta volta para nenos, na Casa de Cultura de Pontecaldelas.

17 abr 2010

Jaureguízar



Estivo con nós e adiantounos algo do que van ser as súas próximas publicacións

Daremos a información pouco a pouco.
Se queres saber máis move o dedo