Onte pola noite, na Librería Arenas da Coruña, presentouse a novela A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña, de Santiago Jaureguizar, . No acto participaron Manuel Santiago Arenas Roca, Manuel Bragado e o propio autor.
Jaureguízar é un dos autores estrela do noso Club de Lectura, como recordaredes se revisades estas entradas en CALADOIRO
Por outra parte, Domingo Villar adiantaba, nunha entrevista, algo da súa próxima novela:
"A novela comeza en Tirán, en Moaña, coa desaparición dunha muller, e vai cara a Vigo. Vai ter protagonismo a Escola de Artes e Oficios, que é unha xoia un pouco oculta da cidade e é un escenario ideal". Como a novela sairá nos últimos meses do 2011, é unha boa idea para un agasallo; e despois da lectura un bo motivo para organizar un percorrido literario como o do ano pasado (ver blog).
Como extra aquí vos queda un mapa e un beixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario