21 ene 2011

Centenario de Aníbal Otero

Hoxe cúmprense 100 anos do nacemento de Aníbal Otero Álvarez  (Barcia, Ribeira de Piquín, Lugo 1911-1974), lingüista que realizou enquisas para o Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI). Detido durante a guerra civil foi acusado de espía (mapas +  transcricións fonéticas) e condenado a morte; conmutóuselle a pena, cando se demostrou a súa inocencia, pero, aínda así,  estivo en prisión ata 1941. A novela póstuma Esmoriz (1994) recolle o tema da prisión.

(Actualización 4-3-2011): Aníbal OteroLingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero
(Actualización 11-4-2011) Presentación do libro na Casa de Galicia en Madrid

No hay comentarios:

Publicar un comentario