Mostrando entradas con la etiqueta traducións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traducións. Mostrar todas las entradas

22 jul 2012

O libro das pontes invisibles

Imaxe Xerais
 A editorial británica Pighog Press (Brighton, Inglaterra) incorporou á súa lista de autores no seu sitio web ao poeta galego Xelis de Toro (Santiago de Compostela, 1962), do que vén de publicar en libro e DVD a edición bilingüe, galego e inglés, de O libro das pontes invisibles/The Book of Invisible Bridges.


+ Información 

19 jun 2012

Long Night of Stone

Ler orixinal en Código Cero
 Continúan adiante as celebracións do centenario do nacemento do noso escritor Celso Emilio Ferreiro, de xeito complementario á exposición interactiva itinerante ou á actividade da páxina web dedicada ao autor de Longa Noite de Pedra. Ou mesmo ao concurso fotográfico para móbiles posto en marcha na súa vila natal, en Celanova. Pois ben, agora toca falar da tradución ao inglés da dita obra (agora Long Night of Stone) e que podemos ver en Portico of Galician Literature, unha xanela na Rede para a literatura galega traducida ao inglés cuxos obxectivos foron avanzados este martes.
Nela, ademais de todo tipo de datos e referencias ás obras de Celso Emilio, vaise dar acubillo a información biográfica, sinopses e fragmentos dunha boa escolma das nosas autoras e autores. O obxectivo deste portal é impulsar a proxección exterior do noso patrimonio literario. A web vén da man da Secretaría Xeral de Cultura e será presentada despois do verán, malia que está en marcha, acubillando material. A idea é permitir que vaia “medrando de xeito progresivo co fin de se converter no referente da literatura galega para o mundo anglófono e, en xeral, para a proxección internacional da literatura galega”, sinala o dito departamento autonómico. O portal xa está accesible no sitio web www.galicianliterature.com.

6 jun 2012

Os Fillos da Terra


O clan do oso das cavernas é a novela que abre a saga das aventuras de Ayla, a muller prehistórica pertencente a especie Cro-Magnon que, sendo nena, queda soa no mundo ao perder á súa tribo nun arrepiante terremoto. Por sorte para ela, un grupo de neanderthalenses atópana ás portas da morte e a súa curandeira consigue salvarlle a vida. Así comeza a serie que fixo que millóns de persoas puidesen vivir a Idade de Pedra como nunca antes fora posible. Os Fillos da Terra transmite os valores universais que só unha obra mestra da literatura pode materializar e, a través dela, Jean M. Auel transpórtanos aos albores da humanidade para mostrarnos que, despois de miles de anos de historia, seguimos sendo humanos e continuamos a enfrontarnos ao noso reto máis esencial: vivir a vida que nos leva.


Así presenta  Punto G  Edicións o primeiro dos libros da saga. Se visitas a páxina, podes descargar os 2 primeiros capítulos


16 abr 2012

On a bender (E. Blanco Amor)





A esmorga de Blanco Amor acaba de ser publicada en inglés. Preme na portada para acceder a información; non esquezas escoitar o audio do tradutor, Craig Patterson (un inglés que fala galego)

Moi recomendable tamén: 

«A verdade fala calquera lingua, galego ou inglés»

28 feb 2011

Indignez vous de Stéphane Hessel, agora en galego

Stéphane Hessel  [ pronuncia: stefan esɛl] Indignez vous!

"Le motif de base de la Résistance était l'indignation. Nous, vétérans des movements de résistance et des forces combattantes de la France libre, nous appelons les jeunes générations à faire vivre, transmettre, l'héritage  de la Résistance et ses idéaux. Nous leur disons : prenez le relais, indignez-vous ! Les responsables politiques, économiques, intellectuels et l'ensemble de la société  ne doivent pas démissionner, ni se laisser impressionner par l'actuelle  dictature internationale des marchés financiers qui menace la paix et la démocratie".



Xa temos a tradución en galego 


Opinións:


En castelán será publicada por Destino e o texto de Hessel irá acompañado de El mercado y la globalización de José Luis Sampedro

 Vídeo-entrevista a S. Hessel  (subtítulos en castelán)

25 ene 2011

Literatura galega noutras linguas

1.- A obra de Ánxel FoleÁ lus do candil  vén de ser editada en éuscaro, en tradución de Josemari Navascués Baskaran na editorial Alberdania, na súa colección de Literatura Universal.

2.-  A. Cunqueiro, de quen celebramos o centenario neste ano 2011, ten biblioteca de seu en Damasco desde o 2006, nesa biblioteca lucirá  Si o vello Simbad volvese ás illas traducido á lingua árabe.

3.-  Podedes consultar máis casos nesta información de hemeroteca.
4.- A literatura galega xa é universal, pero que o noso candidato ao Nobel fose recoñecido sería unha boa nova.

 5.- Proba de agudeza visual
Neste enlace disque di que a edición en curdo de Made in Galiza de Séchu Sende foi considerado como o mellor libro do 2010 nesa lingua.  

Seredes  quen de localizar o nome do autor galego na información en curdo?

31 oct 2010

Persépole, de Marjane Satrapi

O martes 26 de outubro,  no marco do Salón de Banda Deseñada que se celebra na Capela do Hospital de Cangas, presentouse  a tradución ao galego de Persépole, de Marjane Satrapi, título que abre a colección de novela gráfica de Rinoceronte Editora. O proxecto, que supón a entrada na BD do selo ubicado en Cangas, pretende publicar traducións á nosa lingua das principais obras da BD contemporánea internacional, coa intención de tirar seis títulos cada ano, tendo previsto seguir con Palestina e Safe Area Gorazde de Joe Sacco, ademais de Contrato con Deus de Will Eisner. A colección publicarase en formato de 17×24 centímetros e a branco e negro, procurando respectar, dentro deses límites o formato orixinal das obras.

 Información de AELG

26 ene 2010

"Teod ar balafenned" (A lingua das bolboretas) en bretón

Le prix de la meilleure traduction littéraire est décerné à Mark Kerrain, pour la traduction de «Lalangue des papillons», de Manuel Rivas (traduit du galicien).

L
a cérémonie des Prizioù de France 3 Bretagne a été enregistrée samedi après-midi, au Dôme de Saint-Avé (56). La cérémonie était animée par Goulwena An Henaff et Erik Gudenkauf, et retransmise hier matin sur France 3 Ouest. Le prix de la meilleure traduction littéraire est décerné à Mark Kerrain, pour la traduction de «Lalangue des papillons», de Manuel Rivas (traduit du galicien). Celui du meilleur CD qui donne une place significative au breton à Dom Duff, pour son album [E-UNAN]. La série KenTuch', de Goulwena An Henaff et Étienne Strubel, reçoit le prix de la meilleure création audiovisuelle en télé ou sur le web. Le prix de la meilleure initiative pour les enfants brittophones est attribué aux camps de vacances de l'Ubapar. Le grand prix Le brittophone de l'année récompense une personne ou une association qui a marqué l'année 2009 en développant le rayonnement de la langue: il est remis à LenaLouarn, présidente de l'Office de la langue bretonne, pour les dix ans de la structure. Les lauréats ont reçu un trophée conçu et imaginé par les ateliers Breizh Bronze Création, de Guilliers (56).

18 ene 2010

'A praia dos afogados' en alemán


Xa está publicada en alemán e axiña o estará en italiano e inglés
A edición de 'A praia dos afogados' internacionalízase
A última novela publicada de Domingo Villar, 'A praia dos afogados' (Galaxia) leva o mesmo camiño de éxito internacional que a súa predecesora 'Ollos de auga'.

A obra acaba de ser publicada en alemán en nos vindeiros meses tamén se editará en italiano e inglés. A novela, protagonizada polo inspector Leo Caldas e ambientada en Vigo e a súa bisbarra, vén de ser publicada pola editorial alemá Union Sverlag e as prestixiosas Feltrinello (Italia) e Little & Brown (Reino Unido) editarán ambas as versións en italiano e inglés en breve.

Na actualidade, Domingo Villar atópase mergullado na escrita da terceira novela, tamén protagonizada por Leo Caldas e ambientada en Vigo e os seus arredores. A praia dos afogados, que está a punto de vender a súa terceira edición en galego, fai que Domingo Villar sexa un dos autores galegos máis lidos. De feito, a súa anterior novela Ollos de auga leva xa sete edicións en galego.