Información de AELG
31 oct 2010
Persépole, de Marjane Satrapi
O
martes 26 de outubro, no marco do Salón de Banda Deseñada que se celebra na Capela do Hospital de Cangas, presentouse a tradución ao galego de Persépole, de Marjane Satrapi, título que abre a colección de novela gráfica de Rinoceronte Editora. O proxecto, que supón a entrada na BD do selo ubicado en Cangas, pretende publicar traducións á nosa lingua das principais obras da BD contemporánea internacional, coa intención de tirar seis títulos cada ano, tendo previsto seguir con Palestina e Safe Area Gorazde de Joe Sacco, ademais de Contrato con Deus de Will Eisner. A colección publicarase en formato de 17×24 centímetros e a branco e negro, procurando respectar, dentro deses límites o formato orixinal das obras.
Información de AELG
Información de AELG
No hay comentarios:
Publicar un comentario