Manuel Antonio (1900-1930) xa ten o seu propio museo en Rianxo. Abriuse onte no número 24 da Rúa de Abaixo, onde estivera a súa casa. O “insigne poeta nacional”, o “poeta radical que morreu novo, como os escolleitos dos deuses”, como o cualificou no acto de inauguración o presidente da Real Academia Galega (RAG), o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, adiantóuselles finalmente a Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. As casas destes dous ilustres conveciños, que ían integrar xunto á do autor de
De catro a catro o que Xesús Alonso Montero e Isaac Díaz Pardo chamaban a Academia Literaria de Rianxo, seguen aínda na lista de espera. (
Noticia completa)
ACTUALIZACIÓN
Folleto web
Imaxes da inauguración
No hay comentarios:
Publicar un comentario