Arias sería en 1984 membro fundador da Asociación de Tradutores Galegos na que, desde a presidencia que ostentou, contribúe á por en valor o papel da tradución no mundo editorial galego. En 1989 recibiu o premio Ramón Cabanillas de Tradución e mais tamén o Premio de Tradución Xuvenil do Ministerio de Cultura. En 2002 acada o Premio de Tradución Plácido Castro.
Autor en 1993 dun Prontuario ortográfico galego que acadou enorme difusión, elaborou senllas biografías de persoeiros galegos, como Antonio Fernández López e Avelino Pousa Antelo, cos quen tivera unha estreita amistade desde o tempo lucense da granxa experimental de Barreiros. Pai da poeta e tradutora, tamén desaparecida, Xela Arias, o esforzo tradutor de Valentín Arias quedou referendado co proxecto de traducir ao galego o Quixote cervantino que abordaría desde un equipo baixo a súa dirección. (ANT)
Noutros medios:
"Adeus a un pioneiro" GaliciaHoxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario