Casahamlet |
Por motivos de calendario a celebración comezará hoxe coa inauguración dunha nova exposición na entrada e terá como acto principal a conferencia de Santiago Fernández, tal e como aparece no blog da Biblioteca. Santiago Fernández e Manuel Lourenzo son os creadores de Casahamlet, compañía e escola de teatro, que acaba de recibir o Premio Otero Pedrayo
Esta, como outras celebracións, son unha forma de salientar aspectos e intereses presentes dentro da comunidade educativa. No caso concreto do teatro destacan, por exemplo, o Obradoiro de Teatro, organizado pola ANPA, ou a asistencia á representación teatral Le Fantôme de l' Opéra, para alumnado de francés, o próximo 8 de abril.
Hai uns días entregábanse aquí na Coruña os Premios María Casares. Entre os premios destacamos aqueles que teñen unha relación estreita coa vida cultural do noso instituto:
- Mellor texto orixinal Limpeza de sangue de Roberto Salgueiro, unha obra programada para 1º de Bacharelato neste curso.
- A produción Un cranio furado, dirixida por Quico Cadaval levou, entre outros, o galardón ao mellor espectáculo. Quico Cadaval é director e actor da obra Shakespeare para ignorantes, á que asistiu parte do alumnado neste mesmo curso.
Imaxe
- Mellor actor protagonista (Evaristo Calvo, na imaxe) por Un cranio furado. Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira son os actores da Cociña Económica, que se representaron para o noso centro no Salón de Actos de Caixa Galicia, a finais do curso pasado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario