Os versos de Rosalía estarán en Bos Aires na conmemoración do nacemento de Borges
Galicia estará presente con poemas de Rosalía de Castro na iniciativa 'Babel, a biblioteca de poesía', posta en marcha polo Goberno da Cidade de Bos Aires (Arxentina) para celebrar o 'Día do Lector', o vindeiro 24 de agosto, en conmemoración do nacemento do escritor arxentino Jorge Luis Borges.
O obxectivo da proposta é achegar ao espectador a experiencia directa de encontro con diversas linguas propias das colectividades presentes na cidade, realizando lecturas de poemas nos seus idiomas orixinais. Neste contexto, entre o luns 23 e o xoves 26 levaranse a cabo oito presentacións en diversas bibliotecas públicas da cidade autónoma. Así, leranse poemas de Ron Winkler en alemán, de Jaroslav Seifert en checo, de João Cabral de Melo Neto en portugués, de Joãn Brossa en catalán, de Gabriele D’Annunzio en italiano, de William Shakespeare en inglés, de Said Akl en Árabe e de Rosalía de Castro en galego.
A lectura estará a cargo da escritora e xornalista Delfina Blanco, que ofrecerá ao público asistente unha breve presentación da traxectoria da autora galega e lerá catro textos da escritora de Padrón e dúas pezas dedicadas á súa figura por Ramón Cabanillas e Manuel Curros Enríquez.
Extra: Presentación en Slideshare do parque El Rosedal (Bs. As.) onde está "El jardín de los poetas"
Nota: Algunhas palabras teñen ligazóns; pasa o rato sobre o texto para descubrilas
No hay comentarios:
Publicar un comentario