«Macarrón de narices», de Xoán Babarro, novidade do mes de Xaneiro
No reino de Narices hai un enorme pazo con vidreiras de cebola, paredes de pedra de azucre, tellados de cenoria e xardíns de pirixel. No pazo de Narices hai moito tempo naceu un príncipe moi chorón e moi mal comellón, que acababa coa paciencia do máis pintado. O día que fixo os sete anos organizouse unha festa na que lle fixeron sete potas de comida e abrindo a tapadeira dunha delas berrou: ¡Macarrón con tomate! ¡Que ninguén mo arrebate!
De 7 anos en diante.
Actualización: ver ANT (curiosidade: reproduce a foto do autor no xardín da Sardiñeira)
No hay comentarios:
Publicar un comentario