7 mar 2011

A Fundación Pondal na rede nacional de Casas-Museo

E. Pondal (1837-1917)
O poeta  Eduardo Pondal relacionarase moi pronto con outros grandes autores da literatura , como Benito Pérez Galdós, Federico García Lorca ou Rafael Alberti. O Bardo de Bergantiños, autor da letra do himno de Galicia, será un dos 40 escritores que formará parte da Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (Acamfe), unha entidade que naceu en 1993 co obxectivo, o mesmo de hoxe en día, de promover o legado literario e cultural dos autores que aglutina.
A chegada de Pondal ao grupo dos grandes, no que tamén están outros autores galegos, como Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Vicente Risco ou Manuel Curros Enríquez, foi posible grazas ao traballo e ás xestións da Fundación Eduardo Pondal, que desde o seu nacemento, en decembro do 2008, traballou intensamente para dar a coñecer a vida e obra do poeta moito máis alá das fronteiras de Ponteceso a través de iniciativas como o Simposio Pondaliano ou o roteiro Val Nativo. (artigo completo en LVG, preme no título da entrada)

No hay comentarios:

Publicar un comentario