Imaxe de La Opinión |
Francisco Fernández del Riego (1913-2010), un intelectual galego, formado no espírito da Xeración Nós, participou nas grandes empresas culturais do século XX: Seminario de Estudos Galegos (1923), Editorial Galaxia (1950), Revista Grial (1963),... A pesar das represalias polo seu compromiso con Galicia, foi un dos principais impulsores da rexeneración cultural da posguerra. Polo seu labor como ensaísta e narrador foi merecente de ingreso na RAG en 1960, institución que presidiu entre 1997 e 2001. As súas memorias Camiño andado foron publicadas no 2003.
No hay comentarios:
Publicar un comentario