Xoán Babarro no IES A Sardiñeira. |
vía ::Axenda cultural AELG:: do 11/04/11
Entregáronse en Santiago os galardóns da VII Edición do Premio Frei Martín Sarmiento, un certame que dende hai sete anos premia, cos votos dos alumnos e alumnas, as que consideran mellores obras escritas para o seu chanzo de idade. Nesta edición participaron arredor de 2400 escolares galegos que decidiron premiar as seguintes obras:
- 1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria: Xoán Babarro, con A tea de araña que todo o apaña, Rodeira.
- 2ª categoría: de 3º a 4º de Educación Primaria: Ramón Caride, con Andanzas de Xan Farrapeiro, Xerais.
- 3ª categoría: de 5º e 6º de Educación Primaria: An Alfaya, con A ánfora exipcia, Tambre.
- 4ª categoría: de 1º e 2º da ESO: Francisco Castro, con Chamádeme Simbad, Galaxia.
-5ª categoría: de 3º e 4º da ESO: Carlos Vila Sexto, con As sete mortes, Galaxia.
No curso 2009-2010 o escritor Xoán Babarro agasallounos coa súa presenza neste instituto, do que foi profesor, e tivo un emotivo encontro cos alumnos de 1º A de ESO, actualmente en 2º, que demostraron ter feito unha lectura atenta de Sempre Hausa. Con esta actividade inaugurouse a Semana Cultural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario