8 abr 2011

Le Fantôme de L’Opéra

Hoxe o alumnado de francés, acompañado de dúas profesoras, asistirá á representación teatral de Le Fantôme de L’Opéra.
Se dominas o francés,  e queres saber algo máis, visita esta páxina de curiosidades.
Velaí un recordatorio para saber de que vai;   co convite a ler a novela en galego.

Un misterioso edificio de Ópera e un tenebroso personaxe obsesionado pola fealdade propia e a beleza allea, son as bases desta obra pantasmal e misteriosa. Unha trama romántica, policial e terrorífica que te vai levar a un espazo fascinante: o dos segredos existentes ó outro lado do pano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario