O Dicionario da Lingua Española da RAE, desenvolvida polo
Grupo Planeta, editor da obra, xa pode consultarse de
balde en dispositivos móbiles a través da aplicación
para iPod Touch, iPhone e iPad ou a
destinada a terminais que operen con Android. A través destas aplicacións
pode accederse aos mesmos contidos que actualmente están dispoñibles na páxina
web da Real Academia Española, incluíndo melloras e novidades (como a consulta
escalonada, por aproximación, sen caracteres internacionais, de formas
complexas) e coa última actualización do dicionario (que recolle numerosas
modificacións efectuadas nos últimos anos), destacándose os contidos que fosen
modificados dende a 22ª edición impresa do dicionario.
Dende a RAE aseguran que a consulta do seu dicionario en liña continúa a medrar
de xeito importante, rexistrando máis de 65 millóns de buscas no mes de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario