15 mar 2010
estamos lendo
A perla
Steinbeck, John
Un clásico que mestura o lirismo característico de Steinbeck e a solidariedade polos desfavorecidos pola fortuna
Este libro, que se publicou por primeira vez en 1948, ten hoxe a consideración dun clásico da literatura deste século. Baseada nunha lenda mexicana, conta a historia dunha perla, grande como un ovo de gaivota, tan fermosa e perfecta como a lúa, que un día cambia dun xeito radical a vida de Kino e da súa familia. Desde entón, o propio Kino e a súa muller Juana e Coyotito, o fillo de ambos, vanse ver afectados pola posesión desta perla. A sorte desta familia humilde é seguida polo lector co dramatismo que Steinbeck lle imprime ao seu relato.
Guías de lectura noutras linguas:
Francés
Inglés
No hay comentarios:
Publicar un comentario