4 sept 2010

Duplícase a demanda de galego entre os Erasmus

A demanda de alumnos Erasmus para estudar galego no curso que imparte este ano académico a Universidade da Coruña (UDC) duplica a oferta de prazas, segundo informa o reitorado coruñés nun comunicado.
En concreto, case 40 alumnos Erasmus que estudan este curso nalgunha das tres universidades galegas comezaron as súas clases de galego na Facultade de Filoloxía do campus coruñés.
En principio, a UDC tiña previsto crear un só grupo de estudantes, "pero a alta demanda por parte dos estranxeiros provocou que se desdobraran as aulas para facilitar a aprendizaxe do galego por parte do alumnado", sinala a UDC.
Os alumnos, procedentes de Polonia, Italia, Francia, Hungría, Grecia, Turquía, Finlandia ou Alemaña, estudarán o galego nun curso intensivo de 6 horas diarias durante 15 días.
Esta iniciativa, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística e a Oficina de Relacións Internacionais, está dirixida aos alumnos Erasmus que están no sistema universitario galego durante o primeiro cuadrimestre e está previsto que se repita en xaneiro con estudantes dunha segunda quenda.
 

Fonte da noticia A Nosa Terra

No hay comentarios:

Publicar un comentario