Caladoiro pecha, pero a lectura segue.
Consulta o blog da biblioteca e o sitio de LGL
O Club de lectura Caladoiro pecha unha etapa. Tal día coma hoxe, 10 de novembro, no ano 2009 iniciamos este blog con moita vontade e con escasos medios e coñecemento. Acordamos chamarlle CALADOIRO, nome suxestivo que aludía á pesca de historias nos libros pero tamén á rede, á lectura dixital, aos enlaces de actividades culturais, ás novidades literarias: ler o mundo, en definitiva. Á hora de escoller un nome corporativo para asinar as entradas, decidímonos por INICIAL porque nos parecía que recollía ben a intención. A intención era empezar algo, facilmente mellorable, coa esperanza de que outras persoas con máis habilidade lle desen o nivel adecuado. As expectativas de relevo non se cumpriron por causas diversas e, no último curso, o blog sobreviviu só grazas ao club de lectura en francés. Nesas circunstancias pareceunos máis apropiado pechar este sistema.