Ás veces, o que nos anima a ler un libro é o comezo:
"Fun compoñendo esta historia por mor dun feixe de casualidades ensarilladas unha tras doutra: a primeira, un mural existente nunha pequena taberna portuguesa de Ponte de Lima; a segunda, unha vella carta nun sobre pechado e lacrado que me deixou en herdanza o meu avó paterno e que, seguindo as instrucións deixadas nun testamento, recibín cando acadei os dezaoito anos de idade; e a terceira, un anaco dun mapa do antigo reino de Galicia no que aínda se reflectían as sete provincias"
Este é o primeiro parágrafo de O trasmundo de Antioquía de Rafael Laso Lorenzo, publicado por Edicións do Cumio neste ano 2009. Con este comezo xa sabemos que o que nos espera é un libro no que domina a intriga e que nos levará a aventura, aventura da investigación primeiro, e ao descubrimento do fantástico despois. +
No hay comentarios:
Publicar un comentario