17 jul 2010

Para seguir lendo... Páxinas Web

www.manuelmaria.com,
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos foi creada en marzo de 2007 e declarada de interese galego ese mesmo ano. O seu principal obxecto é manter o legado e a memoria de Manuel María e, de xeito máis específico e inmediato dispor dun espazo físico onde se dea acollida á biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado co poeta e que sirva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego. Para sede da Fundación nada mellor que a Casa de Hortas, ou lugar de Outeiro de Rei onde naceu ou escritor Manuel María Fernández Teixeiro, será recuperada pola fundación que leva ou seu nome como un importante centro cultural galego na Terra Chá, lugar xeográfico ao que literariamente prestou especial atención na súa produción ou autor.
Presentación da web da Fundación Manuel María por Xoán Díaz
a imaxe procede de La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario