4 jul 2010

para seguir lendo.. Edicións Linteo

Na literatura, como nos soños, todo é posible; aquí temos o emocionante encontro de dúas grandes figuras das letras universais:

O pequeno Borges imaxina O Quixote
de Carlos Cañeque e Ramón Moscardó, Ed. Linteo
O poeta ensaísta e contista Jorge Luis Borges (Bos Aires, 1899-
1986) amosou desde neno unha atracción precoz polos libros.
Carlos Cañeque tamén, e nesta historia fai que un neno chamado
Borges se atope con don Quixote, Sancho e mesmo con Miguel
de Cervantes (1547-1616) para viviren un feixe de aventuras oníricas, logo de decidir ler por segunda vez o libro do enxenoso fidalgo.
Ilustracións a toda páxina.

Edicións Linteo é tamén responsable da edición de luxo de El Quijote

No hay comentarios:

Publicar un comentario